A Fundación CYD presentou o informe Las universidades españolas. Una perspectiva autonómica,
que amosa a dimensión das tres universidades galegas, que nos últimos
anos perderon alumnos, persoal docente e investigador e viron diminuír o
seu financiamento. Outros indicadores, coma a escasa porcentaxe de
profesores e profesoras menores de 35 anos, o baixo número de alumnos e
alumnas estranxeiras ou o limitado investimento en I+D son igualmente
preocupantes. Compensados, iso si, por datos mellores en canto ao peso
das mulleres entre a comunidade universitaria, o número de patentes
presentadas, a menor taxa de abandono, a escasa penetración das
universidades privadas ou o reducido prezo das matrículas.
Nos últimos catro anos o número de alumnos e alumnas descendeu dende os 65.180 ata os 59.353, case un 10% menos. O PDI pasou de 5.642 a 5.258. O número de PAS tamén caeu: de 2.775 a 2.726
Comunidade universitaria
As tres universidades galegas suman 59.353 alumnos e alumnas nos graos (o 4,2% do total estatal) e 5.501 alumnos e alumnas de máster (4,9% no conxunto de España. No curso 2013-14 ofreceron 11.791 prazas, para as que houbo unha demanda de 16.663 persoas, matriculándose finalmente 10.846 estudantes de novo ingreso. O PDI está formado por un total de 5.258 traballadores e traballadoras. As tres universidades suman 2.726 PAS.Nas universidades galegas estudan máis mulleres que homes, cun predominio feminino que supera a media do Estado
Evolución negativa: menos alumnos, menos PDI, menos PAS
Entre o curso 2009-2010 e o 2013-2014 o PDI nas tres universidades galegas pasou de 5.642 a 5.258. O número de PAS tamén caeu: de 2.775 a 2.726. O número de alumnos e alumnas descendeu dende os 65.180 ata os 59.353, case un 10% menos.Máis mulleres entre o alumnado
Nas universidades galegas estudan máis mulleres que homes, cun predominio feminino que supera a media do Estado tanto nos graos (61,6% fronte a 58,5%), máster (58,3% fronte a 53,8%) coma nas teses doutorais aprobadas (53,4% fronte a 49,2%).Pouco alumnado estranxeiro
Os campus galegos están moi por debaixo da media española na súa capacidade de atraer alumnado estranxeiro: apenas o 1,4% nos graos (fronte ao 2,7% do conxunto do Estado)Os campus galegos están moi por debaixo da media española na súa capacidade de atraer alumnado estranxeiro, que representa apenas o 1,4% dos matriculados e matriculadas nos graos (fronte ao 2,7% do conxunto do Estado e ao 5% que se rexistra en Madrid, Cataluña, Comunidade Valenciana, Navarra ou Canarias). A mesma análise pode facerse nos estudos de máster: só o 6,7% dos alumnos e alumnas en Galicia proceden de fóra de España, apenas un terzo do que representan na media española (18,4%), con datos que encabeza Castela-León (38%), Navarra (33%) ou Cataluña (31%). Algo superior é a porcentaxe de teses de doutoramento realizadas en Galicia por estudantado foráneo: representan o 20,8% do total, preto da media española (24,9%), que encabezan Cataluña (35%) e Estremadura (29%).
Peso das universidades privadas
O peso das universidades privadas é aínda pequeno en Galicia, moi inferior ao que xa acadaron noutros territorios, aínda que pouco a pouco van abríndose camiño coa aquiescencia da Consellaría de Educación. No conxunto do Estado os centros privados chegan xa ao 12,5% dos alumnos e alumnas de graos e o 29% dos alumnado dos másteresMenos créditos aprobados, pero menor abandono
A taxa de rendemento nas universidades galegas (relación entre créditos matriculados e aprobados) é inferior á media española (74,5% fronte a 76,3%), pero rexístranse moitos menos abandonosA taxa de rendemento nas universidades galegas (relación entre créditos matriculados e aprobados) é inferior á media española (74,5% fronte a 76,3%), pero rexístranse moitos menos abandonos (a taxa de abandono é do 15,3%, seis puntos por debaixo da media). Tamén é superior en Galicia a nota media dos expedientes do alumnado egresado (7,41 fronte a 7,26).
O prezo das matrículas, entre os máis baixos
As universidades galegas contan coas matrículas máis baratas de todo o Estado, cando menos nos estudos de grao. O prezo medio do crédito (11,9 euros) é moi inferior á media (18,6)As universidades galegas contan coas matrículas máis baratas de todo o Estado, cando menos nos estudos de grao. O prezo medio do crédito (11,9 euros) é moi inferior á media (18,6). Cataluña e Madrid superan os 30 euros por crédito matriculado. Nos másteres habilitantes para o exercicio de profesións reguladas, en cambio, os prezos en Galicia (25 euros por crédito) sitúanse case no mesmo nivel que o conxunto de España (26,9). Nos másteres non habilitantes, os prezos das universidades galegas (26,5) volven ser os máis baratos, moi por debaixo da media (40).
O profesorado, de máis idade e funcionario
A porcentaxe de PDI nas universidades galegas menor de 35 anos é do 4,6%, moi inferior á media das universidades españolas (9,2%)A porcentaxe de Persoal Docente e Investigador nas universidades galegas menor de 35 anos é do 4,6%, moi inferior á media das universidades españolas (9,2%). Igualemente, a proporción de PDI por riba dos 60 anos (16,1%) supera a media (13,2%), dous indicadores que amosan un avellentamento do profesorado e as dificultades das xeracións máis novas para acceder á docencia. Isto ten tamén como consecuencia que en Galicia unha maior porcentaxe de docentes gozan de figuras laborais estables (73,3% fronte á media de 58,7%) e que tamén hai unha maior proporción de persoal con praza fixa (56,7% fronte a 40,9%).
Ingresos e gastos, na media
Entre 2009 e 2013 as universidades galegas reduciron os seus ingresos un 15,6% (por riba da media: 12,6%) e tamén recortaron os seus gastos máis que o conxunto do Estado (8,4% fronte a 6,9%)As universidades galegas tiveron no curso 2013-14 uns ingresos económicos por alumno/a de 6.815 euros, lixeiramente por debaixo da media española (6.856), situándose en 10ª posición entre as 17 autonomías. Os gastos por alumno/a si superaron (tamén por pouco) a media: 6.724 fronte a 6.498, sendo Galicia a 7ª comunidade neste indicador, que encabezan Euskadi e Navarra. Entre 2009 e 2013 as universidades galegas reduciron os seus ingresos un 15,6% (por riba da media: 12,6%) e tamén recortaron os seus gastos máis que o conxunto do Estado (8,4% fronte a 6,9%).
Titulados/as subrecualificados/as para os seus empregos
O 35% dos e das tituladas universitarias galegas están sobrecualificadas para o seu posto laboral. Esta porcentaxe supera a media española (33,1%) e sitúase a medio camiño entre as comunidades cunha taxa de sobrecualificación menor (Navarra e Cataluña, ao redor do 25%) e rexións como Aragón, A Rioxa ou Castela-León que roldan ou superan o 40%.Máis paro -relativo- entre os e as universitarias que noutros territorios
O 35% dos e das tituladas universitarias galegas están sobrecualificadas para o seu posto laboral. Esta porcentaxe supera a media española (33,1%)A taxa de emprego dos e das egresadas galegas está ao mesmo nivel que a media española (68% e 69,9%, respectivamente), o mesmo que a taxa de paro (14,7% e 14,3%). Tendo en conta que Galicia rexistra cifras de desemprego menores que o conxunto do Estado, isto implica que o diferencial á hora de acceder a un emprego entre aqueles que teñen estudos universitarios e os que non o teñen é menor en Galicia (6,2 puntos menos de paro, fronte aos 9,4 da media española).
Menor investimento en I+D, máis patentes
O investimento de Galicia en I+D representa só o 3,6% do total estatal, menos do que lle correspondería por poboación e importancia das súas universidades. Mentres que o conxunto de España dedida a investigación e desenvolvemento o 1,24% do seu PIB, en Galicia esta cifra é moito menor: 0,86%, só por diante de Canarias, Baleares, Estremadura, Castela-A Mancha e La Rioja. O investimento en I+D de Galicia é menos da metade do que realizan Euskadi, Navarra ou Madrid.As universidades galegas ocupan unha boa posición no referente á solicitude de patentes de ámbito estatal, sumando o 9% do totalAs universidades galegas si ocupan unha boa posición no referente á solicitude de patentes de ámbito estatal, sumando o 9% do total (moi por riba do peso poboacional de Galicia ou do peso dos seus centros de investigación). De feito, poñendo este indicador co número de investigadores e investigadoras nas tres univiersidades, Galicia ocuparía a segunda posición, só por detrás da Rioxa. En canto ás patentes de ámbito mundial, Galicia ocupa igualmente un lugar destacado, co 6,9% de todas as presentadas por España, e unha terceira posición en termos relativos. En publicacións científicas as tres universidades melloran así mesmo a súa posición relativa en función do seu número de alumnos e alumnas: representan o 5,9% do total.
Ningún comentario:
Publicar un comentario