A Aula A6 da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de
Santiago de Compostela acollerá mañá de 19:00 a 21:00 a celebración unha
Android Study Jam organizada polo Grupo de Desenvolvedores de Google (GDG)
local, servindo este encontro para que os desenvolvedores de aplicacións as
amosen ao público, dando conta dos problemas e experiencias que xurdiron
durante a súa creación.
Este evento é de balde e está aberto a todo o que estea interesado en coñecer
os traballos que se desenvolveron en Compostela como os que presentarán Ruben
Laso Rodriguez e Fernando Estevez Casado (La Gramola), Lorenzo Vaquero Otal e
Diego Ferro Santos (AppliCATion), Armando Nogueira Rio e Denis Romasanta
Rodríguez (Entroido Verin), Pablo Dobarro Peña (Zinker) e David Campos
Rodríguez e María Luz Mosteiro del Pilar (Ñam!).
Ningún comentario:
Publicar un comentario