Proposta insuficente.
Desde a CIG Ensino continuaremos na loita
para que todos os centros educativos conten co persoal non docente
necesario e non se precarice o traballo.
Desde a CIG Ensino vimos batallando para que se doten a todos
os centros de persoal administrativo, as últimas campañas levadas a cabo
pola CIG-Ensino incidiron expresamente neste aspecto: a “ILP de medidas
para restituír os dereitos laborais, profesionais e retributivos do
profesorado e mellorar a calidade do ensino en Galiza” que recolleu máis
de 23.000 sinaturas e as máis de 9.000 sinaturas da Campaña “O traballo
docente é importante”.
A Consellaría no lugar de presentar un plan para dotar a todos os centros escolares de persoal administrativo entrega unha proposta na que indica que só dotará aos centros de primaria que teñan máis de 400 alumnas ou alumnos ou máis de 350 no caso de dispoñer de servizos complementarios de transporte e/ou comedor.
Proposta insuficente na que non se crean postos de traballo senón que mesmo de destrúen 77, amortízanse nos centros de primaria que non cumpren as condicións citadas, trasládase persoal desde centros de secundaria…
Desde a CIG Ensino continuaremos na loita para que todos os centros educativos conten co persoal non docente necesario e non se precarice o traballo.

Documentos
Proposta listado de centros con administrativo ou administrativa | |
Memoria xustificativa proposta centros persoal administrativo |
Ningún comentario:
Publicar un comentario