Manuel Castells é un dos máis eminentes sociólogos que máis estudou en
profundidade a Sociedade da Información. Para este autor nestas
sociedades o poder (o capital) vai buscar controlar o fluxo de
información antes que ter a propiedade das materias primas. Hoxe en día o
poder está naqueles capaces de condicionar a mente dos cidadáns e os
medios de comunicación xogan un papel moi importante na creación da
opinión pública. De aí o interese do poder político no control dos
medios de comunicación.
De feito, segundo este autor "no caso do voto o que gaña as eleccións é a capacidade de destruír ao contrincante", neste mesmo senso falaba o recentemente falecido, Umberto Ecco co termo “máquina do lodo”. O emprego dos medios para a desleixo do adversario insinuando e sementando as dúbidas sobre a honorabilidade, incluso con temas cotiás que noutro caso non serían nin noticia.
Hoxe en día, as teorías que Manuel Castells elaborou xa hai algúns anos están amosando o seu carácter de veracidade. O control absoluto dos medios de comunicación nunhas reducidas mans do capital, no que a información que circula é monocor e na que a maioría dos medios de comunicación dependen absolutamente dos cartos públicos situación agravada durante a crise económica. Con ese panorama a independencia é imposible; un dos casos máis claros deste declive e perda de pluralismo informativo foi o xornal El País, na que entraron no seu consello de administración fondos de investimento ou como a maioría das canles de TV e radio que pertencen a dúas empresas Grupo Planeta e Mediaset.
En Galicia o caso non é distinto, e queda altamente intoxicado o contorno mediático cos cartos públicos que o goberno de Feijoó achega aos medios de comunicación. Como informaba Praza hai uns meses, o medio máis beneficiado e sen dúbida La Voz de Galicia, que recibe máis do 40%. Cartos públicos un total de 1,6 millóns dos nosos impostos que en teoría terían que estar destinados a “normalización da Lingua Galega” pero os medios que perciben estes cartos, curiosamente non empregan a lingua galega, salvo en certas seccións (o limiar para recibir estas axudas está no 8%). Así empregan os cartos públicos para limitar a liberdade de expresión, e para pagar campañas institucionais que non son máis que publicidade política encuberta.
A metodoloxía para o reparto destes cartos foron os convenios. Durante o ano 2015 no mes de maio a Xunta de Galicia reparte “a dedo” 300.000 € a certos xornais xusto antes das eleccións municipais. Eses cartos que achegan aos medios coa escusa dunha serie de convenios, máis da metade de novo é para La Voz de Galicia, incluíndo por primeira vez tamén certos medios en edición electrónica, e non papel. Neste caso o obxectivo do convenio era o "fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado" do ensino público. De novo coa escusa do convenio e de fomentar a lingua galega pero sorprendente os medios de comunicación que recibiron a maior parte deses cartos non empregan a lingua galega nas súas publicacións.
Durante o ano anterior no 2014 de novo aparecen os convenios subscritos pola Secretaría Xeral de Medios. Nese ano a Xunta distribuíu 911. 105, 88 euros pola vía dos convenios dos que se beneficiaron once empresas de comunicación, a maioría editoras de xornais impresos. A primeira quenda de cartos foi de 353.984,88 euros dos que 149.000 euros chegaron a La Voz de Galicia (a que recibiu a maior contía), o resto Faro de Vigo, El Progreso ou La Región.
De feito, o propio Consello de Europa tal e como publica este mesmo xornal, ten serias dúbidas do cumprimento por parte da Xunta de Galicia da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. A Xunta lle transmitiu ao Comité redactor do informe, sensación máis que positivas e presume abertamente de promocionar os medios de comunicación publicados en lingua galega, incluso de medios que xa non existen. Nese mesmo informe fai referencia a Praza. gal que existe pero que non recibiu achega por parte da Xunta, tal e como apunta este mesmo xornal.
Estes datos que tan só son unha mostra, non terían tanta importancia se iso non se traducise nun xornalismo “subvencionado” no que os medios de comunicación ofertan a súa pluma editorial a aquel que máis pague. O caso da maioría dos xornais galegos deixa ben en evidencia esta cuestión, en especial co tratamento mediático que están a recibir a maioría dos novos gobernos que saíron das urnas tralas eleccións municipais.
Xa sexa en Madrid, Santiago, A Coruña ou Ferrol os medios colocan nos seus titulares de xeito constante as palabras “desgoberno”, “crise”, “polémica” para tentar trasladar a cidadanía a sensación de incerteza e de falta de xestión, é o que é máis importante buscando calquera escusa para dubidar deste novos gobernos, cando estes medios son capaces de disimular e ata de agochar as máis groseiras corruptelas dos que teñen o poder e polo tanto os cartos.

“Cando soubemos que a información era un negocio, a verdade deixou de ser importante” (Ryszard Kapuściński)
Ningún comentario:
Publicar un comentario