No 2015 a asociación Semente Trasancos avisou: nacía un festival de música para todas as idades e viña para quedarse. O diñeiro recadado destinarase ao proxecto de Semente Trasancos, un espazo para crianzas até seis anos que leva a funcionar desde o mes de Outubro en Narón e onde o galego é a lingua vehicular.
Para manter o espazo en Ferrolterra moitas son as iniciativas que de
maneira solidaria xorden ao redor do proxecto. O Festival é unha máis e,
coma sempre, desde a Asociación ven coma persoas de diferentes ámbitos
aportan o seu gran de area ao proxecto que está a funcionar noutros
lugares como Vigo e Compostela e que entre todos conforman a Rede de
Escolas de Ensino Galego.
As entradas pódense mercar no Muíño do Fabal en Narón, na Fundaçom Artábria en Ferrol e no bar futbolín e o Varadoiro en Pontedeume; ademais despacharanse a partires das 17:30 o mesmo día do festival. A entrada é de balde para os menores de sete anos. As prazas son limitadas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario