martes, 9 de febreiro de 2016

CSIC Galicia segue perdendo investigadores e recursos, e lanza un novo dardo á Xunta

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas di na súa última Memoria que "las circunstancias concretas en relación con Galicia tampoco han sido propicias", e apunta ao Goberno autonómico por "imponer un límite infranqueable a la concurrencia competitiva".

Máis moderadadamente que en anos anteriores, pero o CSIC Galicia segue perdendo investigadores e recursos. A delegación de Galicia do Consejo Superior de Investigaciones Científicas —o principal órgano científico do Estado— vén de presentar a súa Memoria do ano 2014, na que se salienta a capacidade de produción científica dos diversos centros do CSIC en Galicia, malia os recurtes en orzamento e as dificultades que lle pon a Xunta para acceder ás convocatorias públicas destinadas ó fomento da investigación.
CSIC Galicia contou en 2014 co orzamento máis baixo dos últimos catro anos, con 17,6 millóns de euros, isto é, 3,3 millóns menos que no ano 2013, 6,1 millóns menos que en 2012 e 8,4 millóns menos que en 2011.
Tamén caeu o emprego. CSIC Galicia contou cun persoal composto por 357 persoas, é dicir, 54 menos que no ano 2013 e 85 menos que en 2012. E ademais caeu unha cuarta parte a financiación captada, respecto dos anos 2012 e 2013.
Produción
Con todo, houbo un aumento nalgunhas áreas de produción. Así, en 2014 CSIC Galicia publicou 252 artigos en revistas indexadas, fronte aos 217 do ano 2012 e os 211 do 2013. Tamén se incrementaron as aportación a capítulos de libros, con 138, case o dobre que nos dous anos anteriores. Os libros completos foron 11, os mesmos que en 2012 e tres máis que en 2013. O número de comunicacións a congresos subiu das 79 do ano 2013 ás 285 do 2014. E as patentes foron 53.
Porén, houbo unha caída significativa de teses doutorais, que só foron 10 no ano 2014, cando no 2012 foron 20 e o ano seguinte, 17.
Queixas
Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, coordinador institucional do CSIC en Galicia, asina a presentación do informe que, ao igual que o do pasado ano, volve suxerir á Xunta que preste máis atención e apoio ao CSIC pola vía das convocatorias públicas.
"Como ya he destacado en diversas ocasiones, los últimos años han sido muy poco favorables para el CSIC, a causa principalmente de los sucesivos recortes presupuestarios —iniciados en 2009— y de la drástica reducción de la tasa de reposición de empleo público. Aunque la situación ha comenzado a revertir a finales del pasado 2013 y en la actualidad esa tasa de reposición para el personal investigador se ha fijado en el 100%, los efectos de este periodo de dificultad siguen siendo visibles", contextualiza Pardo de Guevara y Valdés.
"Las circunstancias concretas en relación con Galicia tampoco han sido propicias, dado que el sistema de I+D+i aquí vigente ha mantenido segregada la investigación universitaria en detrimento de la no universitaria, sin brindarse a esta última una alternativa equiparable", subliña o coordinador do CSIC Galicia lembra queláiase.
A crítica á Xunta é mordaz, xa que o CSIC segue tendo barreiras de acceso ás axudas á investigación:
"Esta otra situación, además de imponer un límite infranqueable a la concurrencia competitiva, principio inexcusable para alcanzar la excelencia, ha limitado también la capacidad de captar fondos externos competitivos; dicho todo esto es obligado reconocer, también, que la Axencia Galega de Innovación (GAIN) abrió en 2013 la vía del denominado contrato-programa, moderando en parte los efectos de esa negativa situación. Los resultados que se recogen en esta memoria deben ser valorados, por tanto, sin perder de vista ese escenario general de dificultades, hoy por fortuna en trance de ser resuelto y superado", explica Pardo de Guevara y Valdés.
Para o coordinador do CSIC, os indicadores más "negativos" e "preocupantes" son os que se refire aos recursos humanos, xa que, di, "se ha acelerado clara y gravemente el ritmo decreciente: en 2014, el número de personas que han trabajado en los centros gallegos del CSIC se sitúa en tres centenares y medio (351), muy lejos ya del más de medio millar que se alcanzó en los años 2011 y 2012".
Logros
Con todo, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés salienta algúns dos logros científicos obtidos polos los centros de Galicia. "Por ejemplo, los resultados alcanzados en la investigación acerca del efecto cardiosaludable, el potencial anticancerígeno de la dieta atlántica gallega o los avances en el cultivo in vitro del roble, además del inicio de algunos proyectos europeos –como el Life iSeas–, la celebración de reuniones científicas –como la IX edición de los Coloquios Internacionales Compostela– o la organización de exposiciones que dan a conocer la labor desarrollada –como DIVERSA. Arqueoloxía dende o Incipit alén Europa–", describe.
CSIC Galicia tamén conseguiu máis dun millar de impactos en medios ao longo de 2014 e a consolidación de proxectos de cultura científica, como o caso de Exper-i-Ciencia CSIC.
Malia o que o coordinador do CSIC describe como a "inevitable incidencia" dun escenario de dificultade, fai un balance xeral da actividade desenvolvida por este organismo en Galicia de "moderadamente satisfactorio".
Os cinco centros de investigación do CSIC en Galicia son: a Misión Biolóxica de Galicia, o Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”, o Instituto de Investigacións Mariñas, o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia e o Instituto de Ciencias do Patrimonio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario