Cada
vez temos unha maior demanda de almacenamento de datos, resultando crucial
traballar en conseguir soportes duradeiros, de pouco consumo e de grande
densidade de información, e nesta liña científicos da Universidade de
Southampton anuncian un importante avance: un sistema de almacenamento dixital
de datos capaz de aguantar 1.000 millóns de años.
O sistema desenvolvido polos científicos do Centro de Investigación de
Optoelectrónica (ORC) consiste nun cristal nanoestruturado no que len e
escriben datos dixitais en 5 dimensións (5D) mediante escritura láser de
femtosegundo, conseguindo
unha capacidade por disco de 360 TB, coa grande vantaxe de que a
temperatura ambiente podería ter unha vida practicamente ilimitada. Temos así
unha tecnoloxía de almacenamento moi estable e segura, que podería resultar de
grande interese para arquivos, museos e bibliotecas para preservar información
e rexistros.
Esta tecnoloxía demostrouse experimentalmente en 2013, cando conseguiron gravar
en 5D un texto de 300 Kbytes, pero os avances que se están a producir neste
ámbito permitirán poder almacenar a historia da humanidade nun único disco.
De xeito informal este soporte recibe o nome de cristais de memoria de
Superman, como analoxía dos cristais que aparecían nos filmes de Superman nos
que se almacenaba a historia de Krypton, polo que podemos ver unha vez máis
como fantasías da ciencia ficción rematan parecéndose moito a tecnoloxías
actuais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario