EASD Mestre Mateo. Virxe da Cerca, 32. Santiago de Compostela, 15 febreiro de 2016. 11:00h.
O vindeiro luns 15 de febrero o Clube da Lingua presenta na Escola de Artes Mestre Mateo un novo proxecto de colaboración co IES Marco do Camballón de Vila de Cruces que asocia o mundo da moda e as últimas tendencias á promoción da lingua gallega.
O Proxecto chámase "Modernízate: pon boina" e quere actualizar os
valores da nosa lingua: unha lingua para a xente nova, moderna, rural e
urbana, impulsada por valores como a igualdade de xénero ou a xustiza
social.
Este luns, no corredor do primeiro andar da Mestre Mateo o alumnado dos CS de Fotografía e Xoiaría do Mestre Mateo e do IES de Vila de Cruces, farán a presentación do proxecto cunha pasarela informal para promocionar o uso da boina e a lingua entre a xente nova. Nesta pasarela poderemos coñecer os primeiros resultados desta colaboración: os complementos deseñados e realizados polo alumnado de Xoiaría para engalanar as boinas.
Tamén participará no evento a artesá compostelá Sandra Vilas, fabricante da primeira boina galega do século XXI.
O proxecto que impulsan Galteo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Mestre Mateo e o Clube da Lingua de Vila de Cruces, continuará da man do alumnado de Fotografía, coa realización dunha serie de retratos en estudio de personaxes da escena cultural e social galega, ataviados con boinas personalizadas cos complementos deseñados e realizados polo alumnado de Xoiaría. Estes retratos empregaranse para ilustrar supostas portadas de revistas de tendenzas, moda, literatura, música…
O luns comezarán ás 10:00 as sesións no estudio de Fotografía da Mestre Mateo coa artesán Sandra Vilas.
A boina é un símbolo con moitos significados. Durante moitos anos cubriu a cabeza de miles de galegos, e últimamente tamén de galegas, mais esta prenda foi utilizada maioritariamente no ámbito rural. É na actualidade onde comeza a verse en cabezas pioneiras das últimas tendencias, está chamada a renovarse, actualizarse, e converterse nunha peza importante na moda galega, e nun accesorio habitual de quen quera facer uso dela con orgullo e elegancia.
No proxecto está implicado o profesorado dos departamentos de Xoiaría e Fotografía da Escola de Arte Mestre Mateo e profesorado do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.
Máis alá da boina, o obxectivo final é promover o uso da lingua galega nas redes sociais e no ámbito das últimas tendencias, asociando o noso idioma coa vangarda e o mundo da moda e da fotografía, así que... MODERNÍZATE: PON BOINA!

Ningún comentario:
Publicar un comentario