Dende
o Colexio Profesional
de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) anuncian a sétima
edición do Premio Proxecto Fin de Carreira, encamiñado a
estudantes e acabados de titular en Enxeñaría en Informática ou
Máster en Enxeñaría en Informática. Cómpre dicir que esta
convocatoria insírese nos Premios da Oitava Noite da Enxeñaría en
Informática de Galicia, que o ente colexial organizará en Santiago
de Compostela.
E quen pode participar no Premio Proxecto Fin de
Carreira? Pois optarán ao premio, que ascende a 1.000 euros, todas
aquelas candidaturas que presentasen o proxecto de fin de carreira de
Enxeñaría en Informática, traballo fin de máster de Enxeñaría
Informática ou de calquera outra titulación que legalmente habilite
ou vincule para o exercicio da profesión. Os traballos deberon
presentarse durante os anos 2014, 2015 ou 2016 nunha das
universidades galegas.
Para formar parte do Premio do CPEIG, os estudantes
poden remitir a documentación precisa (ficha resumo do proxecto,
resumo e memoria completa do mesmo) até o día 10 de maio ao
seguinte enderezo electrónico: informacion@cpeig.org.
O xurado que valorará os
traballos recibidos e elixirá ao gañador será unha comisión
experta, integrada por docentes universitarios e representantes do
CPEIG. As bases e o formulario para presentar a candidatura están xa
dispoñíbeis no portal do CPEIG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario