Con todo, as alarmistas informacións publicadas por El Correo Gallego sobre o servizo emprestado no CEIP Raíña Fabiola obrigaron as anpas a facer un pronunciamento concreto sobre as denuncias realizadas ao xornal por algúns pais e nais, que mesmo foron rebatidas polo propio director do centro: "polo xeral a comida que serve Serunión é suficiente para todos os nenos. Pode ocorrer que nalgunha ocasión se faga unha mala medición, pero nestes casos é a empresa quen trae máis menús e en ningún caso se pide comida externa nin as monitoras abandonan o centro para comprar algo".
Destacan que "non hai empeoramento da situación dos comedores escolares dende a última adxudicación realizada"A Federación de anpas decidiu "unanimemente rexeitar o tratamento que se lle deu en titulares ás declaracións da representante da anpa do CEIP Raíña Fabiola". Rexeitan, igualmente, "a descontextualización temporal que se fixo nas mesmas declaracións" pois -din- "non hai empeoramento da situación dos comedores escolares dende a última adxudicación realizada; e toda crítica hai que entendela dende a perspectiva da temporalidade na que se viu este servizo durante os primeiros meses deste curso escolar".
Con todo, sinalan que o servizo de comedores é "claramente mellorable"Con todo, unha vez feita esta aclaración ao publicado polo devandito xornal, as anpas subliñan que isto "non quere dicir tampouco que as familias de Compostela esteamos satisfeitas co servizo tal e como se estivo a prestar ata o momento" e, pola contra, "pensamos que é claramente mellorable".
As anpas están a manter xuntanzas tanto con empresas de catering, coma con responsables de varios concellos da contorna para obter información "sobre os diferentes modelos de comedores". O obxectivo final é a elaboración "dun novo modelo de comedores escolares que responda ás demandas das familias en canto á calidade na alimentación, seguridade nutricional, asistencial e na saúde, e valor educativo do servizo que están a recibir os nosos fillos e fillas". Nas vindeiras semanas, ademais enviaranlles ás nais e pais unha enquisa para "coñecer as demandas, as necesidades e as posibilidades económicas" das familias. Así mesmo, ademais de traballar no deseño deste modelo para o seu funcionamento "no medio prazo", as anpas continuarán facendo un "seguimento da situación actual, e comprobando que os novos importes da nova adxudicación se correspondan co incremento da calidade do servizo prestado".
Ningún comentario:
Publicar un comentario