Na última Enquisa de Poboación Activa do
ano 2015, destaca o descenso da taxa de actividade en Galicia,
continuando a evolución negativa que experimenta desde 2012. A taxa de
actividade mide o número de persoas integradas no mercado de traballo
(ocupadas ou demandantes) respecto ao total en idade de traballar. O
descenso permanente desta taxa non é, por tanto, algo explicable pola
crise demográfica do país (que a fai maior), senón unha problemática
máis fonda que ten que ver coas miguadas perspectivas de desenvonver un
proxecto vital en Galicia a día de hoxe. O número de persoas activas
total, en efecto, tamén experimenta un retroceso tanto en ámbito galego
como estatal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario