Malia ser o departamento encargado, dentro da Consellería de Cultura e Educación, das accións de normalización e dinamización do galego, Política Linguística difunde dende hai días o concurso, organizado co gallo do centenario do nacemento de Camilo José Cela.
Política Lingüística promociona a través do Portal da Lingua Galega o concurso, que malia ter carácter internacional só permite participar en castelánAsí, Política Lingüística informa que, en colaboración con El Corte Inglés, este "concurso internacional" amplía a súa "dotación de premios", de xeito que "os traballos premiados serán publicados en edición dixital" pola propia fundación pública "e o primeiro premio de cada categoría será obsequiado cunha tableta dixital e unha tarxeta regalo" dos devanditos grandes almacéns.
"Todos os microrrelatos deberanse presentar a través da plataforma web do concurso", informa a Secretaría Xeral. Unha vez nese sitio web é posible comprobar que, efectivamente, a responsable do certame é a 'Fundación Pública Gallega Camilo José Cela" e que a el pode concorrer "cualquier persona física con independencia de su nacionalidad y lugar de residencia". Estes microrrelatos, detalla, deben comezar coas primeiras verbas da obra La Rosa, de Cela, non poden estenderse por máis de 1.250 caracteres "y estarán escritos en castellano".
Este e outros actos vinculados ao centenario de Cela están impulsados directamente pola Xunta, tal e como figura no programa do aniversario. O concurso está a ser promocionado a través de lingua.gal do Portal da Lingua Galega mantido pola propia Secretaría Xeral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario