Sitúase nun 17%, dous puntos menos que a media do estado e un punto e medio menos que en 2014. Mentres o Ministerio de Educación di que é debido á Lomce, os especialistas aseguran que ten que ver coa crise e a imposibilidade de atopar un traballo.
Galicia é unha das autonomías nas que baixou a taxa de abandono escolar temperá en 2015. Un feito importante tendo en conta que subíu en 8 autonomías. Sen embargo, aquí, a taxa baixou do 18,5 de 2014 ao 17% do pasado ano, un punto e medio menos, e dous puntos menos que a media do Estado, que está no 19%.Sen embargo, tanto o conxunto do Estado, como a propia Galicia, están aínda lonxe do obxectivo marcado pola UE para o ano 2020, que fixa que esta media non debe superar o 15%.
O abandono escolar temperá mide a poboación entre 18 e 24 anos que como máximo terminou a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e non seguiu estudando despois nin o Bacharelato nin un grao medio de FP, segundo datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA).
Por sexos, a taxa do abandono escolar temperá é bastante inferior entre as mulleres que entre os homes, xa que en 2015 os datos eran para elas do 15,8% (18,1% en 2014) e para eles do 24% (25,6% en 2014 ).
Sen embargo, hai división de opinión sobre a redución das taxas. O Ministerio de Educación atribúe isto á posta en marcha da FP Básica e da FP Dual,na nova Lomce. Sen embargo, para o presidente da Federación de Asociacións de Directivos de Centros Educativos Públicos (Fedadi), Alberto Arriazu, foi "a crise", e non a reforma da Lomce, a que está detrás desta situación.
E, por que?, pois, segundo Arriazu, porque obrigou a que moitos mozos a continuar os estudos porque agora é moito máis difícil atopar emprego os sectores da construción e o turismo, os máis demandados polos mozos.
Tamén o presidente da Asociación Nacional de Catedráticos de Instituto (Ancaba), Felipe de Vicente, cre que "a Lomce non tivo tempo" para dar moitos froitos aínda e que haberá que esperar "a medio prazo".
Galicia foi unha das autonomías nas que baixou, sen chegar a porcentaxes de País Vasco (9,6%), Cantabria (10,3%) e Navarra (10,8%). Aumentaron en Aragón (de 18,4 a 19,5%), Asturias (13,6 a 16,8%), Cantabria (9,7 a 10,3%), Estremadura (22,9 a 24,5%), A Rioxa (21,1 a 21,5%) e tamén en Ceuta (29,5 a 29,8%) e Melilla (19,6 a 24,1%).
Ningún comentario:
Publicar un comentario