Deste xeito ThingMaker 3D será unha solución baseada nunha impresora 3D e nunha aplicación de deseño (para iOS e Android) moi doada de empregar, e que facilita que os elementos que se compoñan coa mesma conten con puntos de ensamblaxe que despois faciliten a súa montaxe final.
Para crear este novo produto Mattel contou coa colaboración de Autodesk, compañía con grande experiencia en tecnoloxía de deseño asistido por ordenador, e a súa comercialización botou xa a andar a súa maquinaria, de xeito que a ThingMaker 3D Printer xa está dispoñible para a súa reserva en Amazon a un prezo de 299,99 dólares, aínda que o produto non chegará realmente ao mercado até o 15 de outubro. A impresora será compatible con filamentos de distintas cores e a ThingMaker Design App (que xa está dispoñible de balde) tamén funcionará con outras impresoras, deixando claro o interese de Mattel de construír todo un ecosistema ao redor da súa marca.
- Para deseñar os nosos propios xoguetes podemos empregar unha sinxela aplicación que podemos descargar de balde
- Baixo a marca ThingMaker existían numerosos produtos nos anos 60 baseados en moldes para construír figuras
Ningún comentario:
Publicar un comentario