Delegados e delegadas da CIG-Ensino concentráronse diante da consellaría de Educación este mércores 3 de febreiro
A CIG-Ensino
presentaba esta mañá, no rexistro da Xunta, as máis de 9.112 sinaturas
coas que o profesorado avala a demanda de melloras nas súas condicións
laborais e na calidade do ensino público. Xunto coas sinaturas, a
CIG-Ensino solicitou tamén ser recibida polo concelleiro de Educación.
“Esperamos polo menos que non ignore os e as 9.112 profesores e
profesoras que hoxe, coa súa sinatura, están a amosar o seu desacordo
coa política educativa e de descualificación permanente ao noso
traballo como docentes”, explicou Anxo Louzao.
Galería de imaxes
O secretario nacional da CIG-Ensino explicou que as sinaturas foron recollidas no decurso dunha campaña entre o profesorado nas máis de 1.200 asembleas celebradas nos centros educativos galegos. Unha campaña que dá continuidade á Iniciativa Lexislativa Popular que foi presentada no Parlamento de Galiza e para a que se conseguiran máis de 23.000 sinaturas.
Louzao subliñou que o que hoxe se presentou son as propostas e reivindicacións máis sentidas polo profesorado que “incidirían de maneira moi positiva na calidade do ensino e na mellora das condicións laborais”.
Denunciou ademais que o profesorado foi obxecto, nestes anos, de “numerosas descualificacións por parte das autoridades educativas” e que con esta campaña perséguese xustamente “valorizar o noso traballo” como “piar fundamental para o sistema educativo”.
Por iso, entre as propostas máis salientábeis está a elaboración dun estatuto do profesorado galego que permitiría, entre outras cuestións, mellorar a calidade do ensino. Así incidiu na necesidade de reducir as ratios en todos os niveis educativos e crear emprego para dotar os centros de profesorado e persoal administrativo suficiente.
Ademais reclamou que se elabore un plan de formación que abranga o conxunto do profesorado para que se forme nas súas áreas, mais tamén para que se actualice, tanto en medidas pegadóxicas e didácticas innovadoras como en cuestións relativas á atención á diversidade e apoio educativo. Neste sentido, o secretario nacional da CIG-Ensino denunciou que a administración educativa no canto de velar por ter un profesorado ben formado en todos os ámbitos “o que está a facer é levar a cabo recortes permanentes nesas cuestións”.
Xunto a isto, a CIG-Ensino tamén propón que se deixen de reducir os salarios do profesorado, que deixou de percibir, desde 2009 até agora, entre 24.000 e 42.000 euros; que non se penalice por enfermar; que se restitúan os horarios lectivos que había antes de seren ampliados pola administración educativa de maneira unilateral e toda unha batería de medidas que “sen lugar a dúbidas favorecerían que o actual sistema educativo quedase totalmente transformado para ben”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario