Propoñen por quinta vez o seu nome para ser homenaxeado este día. A comisión promotora destaca os seus “grandes méritos”. Fontes consultadas crititican as reticencias da RAG por ser un destacado defensor do lusismo.
A candidatura de Carballoo Calero para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas, lonxe de perder forza, aumenta ano tras ano. E é que xa van cinco desde que unha comisión que leva o seu nome ten proposto a este filólogo e escritor.Por iso, un ano máis, este colectivo, creado en Ferrol, reclama que sexa o homenaxeado deste día o ano que ven polos “seus grandes méritos". "Foi unha das ausencias máis clamorosas nas conmemoracións ás grandes figuras da cultura de Galicia", esgrime este colectivo para insistir na súa petición.
Así, lembrou unha frase do escritor Vicente Araguas n 2014: "Pasan os anos e manteñen unha vez máis a inxustiza contra un dos maiores e mellores valedores da lingua e a cultura galegas". E é que a candidatura de Carballo Calero competiu coa de Filgueira Valverde para o ano 2015 e non saíu adiante no plenario da RAG. Tamén sonou a súa candidatura para este 2016, pero finalmente, acabou impoñéndose o nome de Manuel María.
Fontes consultadas denuncian que parte dos académicos da RAG non queren que Carballo Calero sexa homenaxeado por ser un dos principais defensores do lusismo. De feito, lembran que a súa candidatura non saíu aprobada en 2015 a pesar dos "amplísimos apoios asociativos, particulares e institucionais" que tiña. Precisamente, a AGAL, o BNG e colectivos vinculados á UPG son activos defensores da súa candidatura.
Carvalho Calero, que faleceu en 1990 aos 80 anos de idade, realizou labores de poeta, narrador, ensaísta, xornalista, lingüista e docente no seu seis décadas en activo, nas que chegou a ser membro da Real Academia Galega e tamén o primeiro profesor de lingua galega na universidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario