“Lermos a Manuel María. Comprendernos a nós
mesmos”. É o lema do acto sobre o poeta que organiza a asociación
cultural Medulio o mércores 10 de febreiro, na galería Sargadelos de
Ferrrol. Intervirá o Secretario da Fundación Manuel María, o profesor
Alberte Ansede. Esta mañá declaraba a Radio Fene que pensa destacar a
relevancia de Manuel María como autor prolífico e a súa grande calidade
humana. A adicatoria do Día das Letras Galegas ao poeta da Terra Chá é,
para Alberte Ansede, unha oportunidade estupenda para divulgar a súa
obra. No acto de Ferrol, poderánse ver imaxes do poeta e escoitalo
recitar os seus poemas.
A Galería Sargadelos disporá mañá dun espacio con exposición e venda de libros de Manuel María que veñen de ser reeditados. O acto comeza mañá ás 20h .
Ningún comentario:
Publicar un comentario