O
Ranking Web de
Repositorios do Mundo, impulsado polo Consello Superior de
Investigacións Científicas (CSIC), ten como obxectivo promover as
iniciativas open access.
Os indicadores web empregados nesta clasificación miden a
visibilidade (presenza web) e impacto web dos repositorios
científicos, obténdose a listaxe de repositorios dos principais
motores de procura. Atendendo a estes indicadores, a
Universidade da Coruña (UDC) fíxose co posto número 15 das 64
universidades estatais analizadas no Ranking Web de Repositorios,
subindo dende o posto 21; no contexto europeo situándose no posto
102 e no mundial, no 209, de preto de 2.300 universidades avaliadas
de todo o mundo.
Cómpre dicir que o Repositorio
da Universidade da Coruña, froito do traballo do Servizo de
Bibliotecas e do Servizo de Informática, ten en acceso aberto os
resultados da produción científica e de transferencia dos
investigadores, así como teses de doutoramento, traballos de fin de
grao e proxectos coa fin de dar visibilidade ao traballo investigador
e aumentar o seu impacto. A web está feita con software libre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario