CIG-Ensino exixe que saian a concurso todas as vacantes que neste momento está creadas, funcionando e non cubertas por profesorado definitivo
Como é sabido, o curso pasado, a
Consellaría, despois dun cúmulo de despropósitos, acordou non convocar
concurso xeral de traslados (CXT) para prazas de Galiza, impedindo así a
mobilidade do profesorado dentro do país. Isto comporta que preto de
9.000 docentes participen no concurso convocado este ano.
O alto número de participantes e a ausencia de convocatoria de
CXT no curso pasado non lle parece suficiente motivo á Consellaría para
que oferte nesta convocatoria todas as vacantes existentes, nomeadamente
as producidas por xubilación e as cubertas por profesorado provisional.
A intención da Consellaría, ao non ofertar todas as prazas, non é outra
que amortizar parte delas no futuro e ter un colectivo importante de
profesorado provisional que lle sirva de comodín e que cada curso coloca
ao seu antollo, asignándolle moitas veces prazas con máis dunha afín.
Para a CIG-Ensino, este proceder é totalmente inadmisíbel, xa que comportaría reducir os xa cativos cadros de persoal dos centros, despois da redución de 3.000 docentes desde o ano 2010, acrecentando a provisionalidade e a inestabilidade do profesorado dos centros. Hoxe xa o 20% do profesorado dos centros non ten destino definitivo.
Temos tamén que denunciar a ausencia de negociación real, habitual nas xefaturas territoriais da Coruña e Pontevedra, xa que até agora só se limitaron a facilitar a listaxe das vacantes provisionais que teñen previsto sacar a concurso, das cales desapareceron centos de vacantes actuais, sen facilitar ningunha xustificación razoada do porqué de non as ofertar.
Atendendo aos propios datos da Consellaría, desde o último concurso xeral de traslados xubiláronse en Galiza 1.049 mestres/as e 917 profesorado de secundaria; un total de 1966, cando a Consellaría está ofertando só 1332 vacantes. É dicir, a Consellaría non cobre 634 prazas correspondentes ás xubilacións, como podemos ver no seguinte cadro:
A estas vacantes producidas por xubilación non ofertadas hailles que sumar as vacantes que neste momento están creadas e cubertas con profesorado provisional, o que supón que un amplo colectivo de profesorado provisional se vexa obrigado cada ano a cambiar de destino.
A CIG-Ensino exixe que saian a concurso todas as vacantes que neste momento está creadas, funcionando e non cubertas por profesorado definitivo, nomeadamente na provincia da Coruña e Pontevedra, única maneira de estabilizar os cadros de persoal dos centros, de facilitar o desenvolvemento de diferentes programas e de mellorar a calidade do ensino.

|
Xubilacións
|
Vacantes
ofertadas
|
Vacantes sen
ofertar
|
Coruña
|
809
|
551
|
258
|
Lugo
|
280
|
147
|
133
|
Ourense
|
122
|
46
|
76
|
Pontevedra
|
755
|
588
|
167
|
Total
|
1966
|
1332
|
634
|
A estas vacantes producidas por xubilación non ofertadas hailles que sumar as vacantes que neste momento están creadas e cubertas con profesorado provisional, o que supón que un amplo colectivo de profesorado provisional se vexa obrigado cada ano a cambiar de destino.
A CIG-Ensino exixe que saian a concurso todas as vacantes que neste momento está creadas, funcionando e non cubertas por profesorado definitivo, nomeadamente na provincia da Coruña e Pontevedra, única maneira de estabilizar os cadros de persoal dos centros, de facilitar o desenvolvemento de diferentes programas e de mellorar a calidade do ensino.
Ningún comentario:
Publicar un comentario