Unha idea de Diego Amexeiras, música de Caxade e vídeo de Xaora dan forma a 'Asóciate', un convido a sumar polo idioma propio do País. Vídeo no interior.
“Que teñen en común un xubilado, un
comerciante, unha consultora, unha gandeira, unha estudante e unha
crianza?” pregúntase nas redes sociais Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. E el propio dá a resposta ligando o vídeo 'Asóciate', gravado por Xaora en base á idea do escritor e guionista Diego Ameixeiras e con música de Caxade.
Un traballo que xa está a rular polas redes sociais e co que é un
chamamento a sumar a prol do galego e a afiliarse á Mesa. No vídeo,
varias persoas de diferentes idades de zonas do país van pasándose un
relevo unhas a outras, simbolizando o galego. “Non son actores, son
persoas reais que cren no futuro do noso idioma”, sinala Marcos Maceira a
Sermos Galiza. Unha gravación coa que, di o presidente da MNL,
“queremos facer ver que para que o galego viva ten que haber un proceso
de transmisión”. E para iso tamén é preciso que haxa “organizacións que
traballen”, como A Mesa. “Diego Ameixeiras deu a idea, e a partir de aí
fixemos o traballo”, explica Maceira, que destaca a música de Caxade, o
bo facer de Xaora e a participación das diferentes persoas que sen no
vídeo.
https://youtu.be/9HF4YE2GwVY
https://youtu.be/9HF4YE2GwVY
Ningún comentario:
Publicar un comentario