A asociación, que renovou a súa directiva, atende a uns 250 fogares.
Entre as novidades analizadas por O Mencer destaca a intención de aumentar a frecuencia na repartición de alimentos -ata agora unha vez por semana- a algunhas familias que máis o precisan. A asociación posúe nas súas bases de datos as características dos fogares e aqueles que pola súa situación esixen dunha maior necesidade de comida. Factor, neste sentido, comentou que nalgúns casos aumentarase esta frecuencia. En parte é posible unha vez que a entidade solidaria ten máis capacidade para almacenar comida que lle cede puntualmente o Banco de Alimentos de Vigo coa súa apertura nunha sede en Pontevedra para atender con maior eficacia ao norte da provincia. O Mencer traballa na actualidade con ao redor de 250 familias que se benefician das súas continuas campañas de repartición de alimentos entre aquelas que están nunha situación de vulnerabilidade.
Os recursos económicos proceden das achegas das súas preto de 80 socios e as iniciativas solidarias que organizan durante o ano, así como posibles colaboracións con outras institucións públicas ou empresas privadas. Os asociados non teñen unha cota fixa e existe liberdade na frecuencia de entregas e nas cantidades. Outra das iniciativas que funciona moi ben é as das clases de apoio. Os profesores voluntarios atenden a medio centenar de nenos nun local das antigas casas de profesores do colexio Xesús Golmar. As aulas desenvólvense de luns a venres con grupos organizados en función dos cursos ou as materias que se imparten. O Mencer tamén colaborou na entrega de lentes de lectura para nenos con escasos recursos ou unha campaña sobre saúde bucodental.
Ningún comentario:
Publicar un comentario