venres, 5 de novembro de 2010

O boletín electrónico de Bocaberta informará semanalmente de todas as actividades deste programa de dinamización lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de poñer en marcha o boletín electrónico de Bocaberta, unha ferramenta a través da cal facilitará semanalmente toda a información sobre este programa que busca promover o uso do galego entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos.

O boletín, que pode consultarse no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, inclúe as actividades da semana do programa Bocaberta, con información sobre os concellos e os espazos nos que terán lugar, así como cos horarios de cada unha das sesións que se levarán a cabo. Outras das canles que se habilitaron para acceder aos contidos deste programa son as páxinas de Bocaberta en Facebook, Twitter e Tuenti, que ofrecen toda a información actualizada.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1582

Ningún comentario:

Publicar un comentario