mércores, 12 de setembro de 2012

A CEG pon á disposición do comercio materiais en galego relativos á volta ao colexio

O Servizo de Normalización Lingüística da Confederación de Empresarios
de Galicia (CEG), con motivo do inicio da actividade escolar, pon á
disposición do comercio galego un vocabulario e un soporte dixital en
lingua galega para a campaña "Volta ao cole", que se poden descargar
de xeito gratuíto no web do servizo de normalización da CEG. Trátase
dun cartel publicitario e dun breve vocabulario de material escolar
para que o/a empresario/a os poida empregar nas súas relacións
comerciais e comunicativas.

Información tirada do web do Servizo de Normalización Lingüística da CEG.

Ningún comentario:

Publicar un comentario