venres, 11 de setembro de 2015

Protestas de pais en varios colexios de Lugo, A Coruña e Santiago atrasan o inicio do novo curso

O conselleiro de Educación apuntou, pola súa banda, desde a inauguración do mesmo en Forcarei, que non se rexistraron incidencias significativas" salvo "puntuais reivindicacións" nalgunhas comunidades escolares

As carencias de profesorado e de persoal para atender as necesidades específicas motivou a convocatoria de protestas nalgúns centros da xeografía galega, nos que varias familias non levaron aos seus fillos a clase no día de inicio do curso de infantil e primaria.

É o caso dos pais e nais do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela, que decidiron nunha reunión non levar aos seus fillos ao centro en sinal de protesta tras ser informados o Claustro de profesores das carencias de persoal docente e específico.  Así mesmo, varias decenas de proxenitores concentráronse na mañá do xoves ante o centro tras unha pancarta na que se lía máis profesores, menos senadores, reiterando a súa petición de que se atendan as necesidades de persoal para garantir a correcta atención do alumnado.

Tamén se rexistraron concentracións noutras localidades. Na zona da Coruña, pais do CEIP Arteixo reclamaron o regreso dun conserxe trasladado ao CEIP Galán, coa lema Non sen Manuel, que volva!.

No CEIP Luis Pimentel de Lugo celebrouse unha protesta de parte dos proxenitores en contra da nova distribución e organización de alumnos de face ao novo curso escolar, que pasou a realizarse por orde alfabética e paridade de sexo en lugar de definirse en función de se cursan Relixión ou Alternativa.

Xunto a iso tamén se rexistraron as típicas retencións de tráfico que se producen nalgúns puntos con motivo do inicio do curso, que coincide ademais cunha xornada de protestas de gandeiros en Santiago e en Lugo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario