A xuízo de Tonucci, que nais e pais "non lles deixen saír aos nenos porque a rúa é perigosa" é todo un "paradoxo". "Eu creo que a rúa é perigosa porque non hai nenos nela, está abandonada", afirmaba. "Se os nenos non poden saír sós da casa non poden ser bos cidadáns, non contribúen a facer a cidade mellor", e se as vías urbanas "só serven para que pasen os coches, os coches non coidan a ninguén", mentres que os peóns "comunícanse, míranse, e se hai nenos na rúa, cóidanos". Con estes principios lanzouse hai xa máis de media década o primeiro Camiño Escolar de Pontevedra, que comezou experimentalmente no colexio Álvarez Limeses.
Os postulados do psicopedagogo Francesco Tonucci inspiraron o lanzamento do proxecto en PontevedraA aposta por que o alumnado volvese ir andando ao colexio particu dunha apelación á "confianza" das familias na responsabilidade de nenas e nenos, pero tamén na cidade como "espazo basicamente seguro", lembran dende o consistorio. Por este motivo, os camiños escolares baseáronse na "pacificación" do tráfico mediante peonalizacións e a xeralización do límite de 30 quilómetros por hora na zona urbana, pero tamén no establecemento de varios dispositivos adicionais sobre o papel e sobre o terreo. "É no seo de cada familia onde cada neno e nena ten que aprender o camiño á escola e á casa", evidencia o goberno local, se ben persoal municipal "de apoio" ubícase en varios puntos dos percorridos para "axudar" a que os escolares "estean atentos a semáforos e vehículos" e indicar a quen vaian en coche "a necesidade de extremar o coidado pola presenza de nenas e nenos sós na rúa".
Implicación da cidadanía e do tecido comercial
Distintivo dos locais colaboradores en Pontevedra e "multa cívica" en Santiago
Ademais de intervir no tráfico, trazar rutas seguras e implantar
persoal de apoio, os camiños escolares apelan á colaboración do conxunto
da cidadanía e, moi especialmente, dos establecementos comerciais e
hostaleiros que desenvolven a súa actividade nos itinerarios polos que
pasan nenos e nenas ao iren ao colexio. "Falamos con encargados
dos locais comerciais e hostaleiros para que axudasen en caso de
problemas, de tal xeito que o neno ou nena pode entrar nos locais"
que teñan o distintivo distribuído dende o Concello para "recibir a
axuda que precisen", que en caso de problemas adoita ser, "basicamente,
chamar ao colexio ou á Policía Local".Os camiños escolares inclúen unha rede de establecementos comerciais aos que o alumnado poden acudir se ten algún problema durante o percorridoA colaboración dos comercios é tamén unha das pezas do proxecto da que, ata o momento, é a última localidade galega en poñer en marcha estes roteiros á escola, Compostela, onde reciben o nome de Colecamiños. No caso da capital galega o primeiro destino experimental do plan é o colexio Pío XII, ao que chegan catro itinerarios deseñados pola Policía Local que se "poden percorrer nuns 10 minutos", partindo de puntos nos que "os pais e nais poden parar uns minutos cos seus coches para deixar os nenos", no caso de que os seus fogares estean máis afastados.
Os Colecamiños, resalta o Concello compostelán, segue a estela de "experiencias que xa funcionan con éxito en moitos países europeos e en cidades máis próximas como Pontevedra" e "abrangue todas as áreas de xestión municipal", porque implica dende charlas de sensibilización a "modificacións urbanísticas", pasando pola implantación de novos sinais de tráfico ou campañas específicas como a denominada "multa cívica", coa que nenas e nenos poden sinalar condutas de persoas adultas que, ao seu xuízo, poden obstaculizar ou impedir estes percorridos seguros.
Os Colecamiños de Santiago inclúen a campaña da "multa cívica", para sinalar condutas de persoas adultas que poñen en risco a seguridadeComo en Pontevedra, o proxecto de futuro en Santiago é estender os Colecamiños para, paulatinamente, ir substituíndo "o hábito de levar os cativos en coche ata a mesma porta da escola", que "os priva de momentos compartidos coas súas amizades, pero tamén pon trabas ao desenvolvemento da súa autonomía". Cómpre ter en conta, di a oficial da Policía Local Diana Parente, que "hai estudos que xa apuntan a que aos oito anos os cativos xa teñen as capacidades psicolóxicas e psicomotrices necesarias para seren autónomos".
"Levar os cativos en coche ata a porta da escola pon trabas á súa autonomía"A "recuperación da cidade para as persoas que viven nela, tamén para as máis novas" e, asemade, a mellora na "fluidez do tráfico" serán dous dos obxectivos dos Colecamiños composteláns. Coa súa posta marcha Santiago súmase a Pontevedra, pero tamén a iniciativas semellantes que, nos últimos anos, xurdiron en cidades e vilas como A Coruña, Ourense e Lugo, e, máis recentemente, en Carballo e Barbadás.
Ningún comentario:
Publicar un comentario