A gratuidade responsábel debe ser universal no ensino.
Os libros de texto seguen a ser unha valiosa ferramenta didáctica. Sen
dúbida non é a única da que se dispón hoxe en día. Pero comecemos
aclarando que teñen un importante papel nas escolas, e que non cómpre
denostalo a prol dos materiais dixitais ou os elaborados directamente
por cada profesor ou profesora.
O libro de texto é o froito en xeral do traballo dun experimentado grupo de profesores; os actuais propoñen actividades TICs e veñen acompañados de recursos dixitais. Cada libro proposto para unha materia pódenos gustar máis ou menos, podemos discutir o seu elevado prezo ou o exceso de calidade en imaxes e cores ou complementos que o encarecen e que se poderían usar doutro xeito na aula, ou o papel de presión que xogan as editoriais, pero debemos recoñecelo como un recurso didáctico básico na educación, igual que os encerados, o papel, o bolígrafo, e, por suposto, os ordenadores, as tabletas e teléfonos móbiles, etc.
Nin usar exclusivamente un único libro de texto como material de aula semella o máis axeitado pedagoxicamente nin non usar ningún tipo de material editado o é. Nin un ensino baseado no dixital vén a ser o ideal. De feito, un recente informe da OCDE, baseado nas últimas probas PISA, indica que usar moito o ordenador na aula non axuda ao alumnado. Un uso moderado e planificado contribúe máis a aprendizaxe. Son máis determinantes o tempo na aula ou a experiencia do docente.
É o profesorado o que desde a súa profesionalidade debe deseñar, preparar e decidir que materiais didácticos son os máis acaidos ao curso e nivel do alumnado para conseguir os obxectivos pedagóxicos. E non é doado actualmente –xa sen termos en conta os contínuos cambio lexislativos en educación- acomodar a multitude de recursos que o profesorado ten a disposición para conseguir a mellor formación para o alumnado neste mundo humano e tecnolóxico no que vivimos.
Por tanto, se o equipo docente estima necesarios uns determinados libros de texto, manuais e materiais, debemos aceptar que se precisan para a axeitada formación do alumnado. (Só cómpre responsabilidade, e non chegar ao remate do curso con libros sen abrir ou apenas usados, como algunha vez acontece.)
Obviamente estas decisións sobre os libros de texto e materiais conlevan un custo económico. Do mesmo xeito que hai un gasto se se precisan novos ordenadores ou proxectores ou material de laboratorio ou un novo profesor ou profesora... e non se lles pide ás familias que o paguen. No estado español, o ensino básico é obrigatorio e gratuito. Isto implica, segundo a Defensora del Pueblo e o Consello Escolar do Estado que os libros de texto e o material didáctico que sexa preciso para garantir o dereito fundamental á educación ten que ser gratuito, isto é, ningunha familia debe pagar. A gratuidade debe ser universal. Todos os nenos e nenas deben poder acudir ao ensino público gratuitamente e en igualdade de condicións. Debe ser por tanto a Administración a que dote ao alumnado deste material, do mesmo xeito que fornece o resto do necesario.
As editoriais establecen sen control da Administración o prezo dos libros de texto e poden descatalogar os libros en pouco tempo. Pode incluso que parte do elevado prezo sexa debido á intervención descontrolada da Administración con sistemas de axuda como os cheques para libros. O prezo de venda ao público dos libros de texto é en xeral desorbitado. Un neno ou nena de primeiro de Primaria dun colexio público do centro de Vigo paga uns 220 euros polos libros máis uns 40 euros polo material escolar. Só os libros de inglés (primeiro de Primaria!) custan sobre 45 euros. Libros dun só uso, pois nin siquera se poden reutilizar. Un alumno ou alumna da ESO paga uns de 250 euros por uns libros que rara vez teñen valor para el ou ela no futuro.
Non sei realmente o que valen, pero si creo que hai moitos xeitos de encarecer o prezo do libro dos que se podería prescindir pedagoxicamente, ou novas edicións que só introducen pequenos cambios na orde das actividades ou nas imaxes, e que dificultan a súa reutilización.
Noutros lugares, o libro de actividades, por exemplo, en calquera nivel é un caderno de baixo prezo, sen grandes adornos, mentres que o libro de “contidos” é reutilizábel moitos anos e en moitos casos fornéceos a propia escola. Tampouco non semella necesario que cada libro de idiomas veña acompañado dun CD.
En Galiza Feijóo eliminou en 2009 a gratuidade universal que iniciara o propio goberno de Manuel Fraga (quen o diría.. “outros virán que bo te farán”, ou algo así...) e xa universalizado durante o bipartito, posibelmente porque había que cargarse todo o que cheirara ao goberno anterior, funcionara ou non, igual que as Galescolas. Isto foi substutuido por un deses eufemismos dos que tanto gusta a dereita: as axudas “solidarias” ou xa neste curso o “fondo solidario” de libros de texto, un rebumbio no que cada quen se zafa como pode e que crea grandes desigualdades.
É neste sentido digno de aplauso o traballo de moitas ANPAs do país que -agora si- solidaria e desinteresadamente organizaron sistemas como o Trocalibros do IES do Castro ou do CEP Doutor Fleming en Vigo, e que permitiron reutilizar moitísimos libros, aforrar moitos euros e aprender moito.
Avogamos pois por unha gratuidade responsábel que ademais permita ao alumnado -e tamén ás familias- aprender o valor do público, do que é de todos, e da reutilización, evitando o consumismo innecesario. Como di a Confederación de ANPAs Galegas, “a gratuidade non pode ter matices, gratuito implica que todo o mundo ten dereito a non volver a pagar polo Ensino Público, pois xa pagamos cando tributamos, cada familia en función da súa renda.”
Mentres, segundo a Consellaría, todo vai ben no comezo de curso. E a “culpa” é sen dúbida nosa: o esforzo e profesionalidade do profesorado, a colaboración das familias, as gañas do alumnado, fan que todo vaia funcionando, ainda que falte profesorado, sigan as recortes, e a implantación da LOMCE sexa patética e un esperpento.
E Wert, despois da que montou, tranquilamente en París. Mais xa temos ao presidente Feijóo aclarando esta semana que Galiza “é a comunidade do estado con maior número de profesores por alumno e con menor número de alumnos por profesor.” Como nalgunhas novas edicións de libros de texto, que me expliquen a diferenza.

Ningún comentario:
Publicar un comentario