O sindicato afirma que hai docentes que impartirán catro materias.
CIG-Ensino denunciou a "falta de profesorado" en centros de Secundaria da provincia da Coruña e recriminou á Consellería de Educación que "continúe sin atender as demandas que se están a facer dende diferentes centros públicos".En concreto, alude, xunto á cidade da Coruña e a súa bisbarra, á situación de colexios e institutos das Mariñas, Bergantiños e Costa da Marte. Ao respecto, apunta que nos institutos de educación secundaria se iniciou o curso "con falta de profesorado, masificación de aulas e maior porcentaxe de docentes que van ter que impartir unha ou máis materias das que non son especialistas".
"A estas alturas, son moitos os centros que seguen sin ver atendidas as necesidades de profesorado comunicadas á Consellería de Educación", apunta.
Na mesma liña, sostén que "os recortes se constatan tamén na adxudicación definitiva dos destinos provisionais de Secundaria que acábanse de resolver e na que hai adxudicacións irregulares, perfís disparatados e adxudicacións de prazas non solicitadas".
Ademais, remarca o número de docentes que terán que impartir "catro materias, sendo só especialistas nunha delas", apunta en relación á situación de máis dunha vintena de centros. Tamén sinala que haberá profesores que terán que impartir tres materias diferentes "sendo dous delas materias afíns" apunta.
Como exemplos, alude á situación de varios institutos da provincia da Coruña, nos que haberá profesores que compatibilizarán, segundo expón, Educación Física con Inglés ou con Xeografía e Historia ou a materia de Matemáticas coa de Inglés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario