A literatura dramática, a lusofonía ou a oralidade abordaranse en diferentes grupos de traballo.
Pontevedra acollerá o vindeiro 26 de setembro a VI xeira do Congreso
de Escritoras-es da AELG. Desta volta, a asociación de escritores
convoca baixo o epígrafe
Para que(n) escribimos o futuro? un
total de seis grupos de traballo que abordarán diferentes cuestións
temáticas. Os dereitos de autoría e a profesionalización, a oralidade
como soporte literario, o futuro da literatura dramática, as novas
formas de edición, a lusofonia oportunidade ou a formación de
lectores/as serán os eixes que vertebrarán este encontro. Ademais, a
sesión inclúe co presentación do novo web da AELG e unha sesión
conxunta. Unha actuación do grupo Xardín Desordenado pechará o encontro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario