Na circular, Educación advertía de que, no caso de que non se respectasen estes límites, as xestoras de dereitos poderían esixirlles aos centros autorización previa e mesmo poderían demandar compensacións económicas. Se todos os centros pagaran a cantidade acordada entre a Consellaría e a Motion Picture Licensing Company, esta empresa privada recibiría 325.000 euros anuais máis IVE.
Se todos os centros pagaran a cantidade acordada o pasado ano entre a Consellaría e a Motion Picture Licensing Company, esta empresa privada recibiría 325.000 euros anuais máis IVENo comezo deste novo curso académico, os centros de ensino comezaron a recibir de novo estas cartas por parte da empresa, nas que unha vez máis lles ofrece unha licencia educativa para o uso nas aulas de materiais audiovisuais, lembrando a obrigatoriedade de cumprir co disposto na Lei de Propiedade Intelectual. Desta volta, as licenzas non teñen un prezo fixo por alumno e alumna, senón que se cobran por centro, en función do seu tamaño. A Motion Picture Licensing Company presenta unha oferta (dispoñible unicamente antes do 15 de outubro), que varía dende os 200 euros anuais (IVE incluído) para os centros de 300 alumnos e menos, 375 euros entre 301 e 600 alumnos, 550 euros entre 601 e 900 alumnos, 700 euros de 901 a 1200 alumnos, 850 euros de 1201 a 1500 alumnos e 995 euros para os centros con máis de 1500 rapaces e rapazas.
Ao igual que xa fixera o pasado curso, CIG-Ensino vén de esixirlle á Consellaría de Educación que "prohiba con carácter de urxencia o cobro e o negocio de empresas privadas nos centros educativos", así coma "o control que estas empresas pretenden realizar sobre a utilización de materiais audiovisuais" e que "garanta a total gratuidade da utilización destes recursos". O pasado ano o sondicato promoveu unha recollida de sinaturas que reclamaban que se garantise esta gratuidade "dos recursos audiovisuais como recurso pedagóxico e didáctico". Máis de 3986 profesores e profesoras apoiaron este escrito que lle foi entregado á Consellaría no mes de xuño. Ao mesmo tempo, a CIG-Ensino propúxolles aos centros que seguisen utilizando con normalidade e sen restricións os materiais audiovisuais.
O sindicato volve pedirlles aos centros e ao profesorado, "que non paguen ningún imposto por realizar o seu traballo e que continúen usando todo tipo de ferramentas que son necesarias"CIG-Ensino denuncia que o Goberno galego "permite unha auténtica caza de bruxas" pois a empresa "pretende controlar o traballo dos centros", aos que lles demanda “se no seu centro non se están usando materiais audiovisuais, rogámoslle que igualmente o comunique”. O sindicato volve pedirlles aos centros e ao profesorado, ademais, "que non respondan as comunicacións recibidas, non paguen ningún imposto por realizar o seu traballo e que continúen usando todo tipo de ferramentas que son necesarias para realizar o seu traballo coa maior eficacia posíbel".
A Lei de Propiedade Intelectual permite que nas aulas se exhiban fragmentos de obras audiovisuais sempre que "tales actos se fagan unicamente para a ilustración das súas actividades educativas", que a difusión teña lugar no horario lectivo, "que se trate de obras xa divulgadas" e "que as obras non teñan a condición de libro de texto, manual universitario ou publicación asimilada".
Ningún comentario:
Publicar un comentario