Co remate definitivo das licenciaturas aqueles e aquelas que non as completaron poden verse na obriga de adaptarse aos novos plans de Grao, o que lles pode supor un desembolso económico maiorAGIR, Comités Abertos e Liga Estudantil Galega denuncian esta situación na Universidade de Santiago e demandan unha solución. Estes sindicatos estudantís explican que aínda que o Consello de Goberno da USC do 29 de xullo aprobou a convocatoria dunha proba extraordinaria en setembro, esixiu para poder presentarse o ter suspensas as dúas oportunidades ordinarias. "Isto supón un problema para aquelas/es estudantes que non se presentaron nalgunha das dúas oportunidades por diferentes motivos, de tal xeito que non todas e todos poden optar a esta proba", sinalan. E subliñan que "os requisitos foron presentados a posteriori das ditas oportunidades" o que supuxo unha "exclusión arbitraria" deste grupo de estudantes e un "agravio comparativo".
"O único que reclaman é a oportunidade de presentarse a esta convocatoria extraordinaria, xa que unha vez que se convoca o normal é que que sexa para todas e todos sen exclusión algunha", destacan. Os sindicatos reclaman a convocatoria dunha reunión de urxencia do Consello de Goberno antes da extinción da licenciatura o 30 de setembro "para modificar o requisito que impide a centos de estudantes optar a rematar as súas Licenciaturas". Os Comités sinalan que hai dúas semana solicitaron unha reunión de urxencia co reitor Juan Viaño e afirman que a día de hoxe aínda non tiveron resposta. Tamén iniciaron unha recollida de sinaturas.
Reclaman a convocatoria dunha reunión de urxencia do Consello de Goberno da USCOs e as estudantes afectadas convocaron, co apoio das organizacións estudantís AGIR, Comités Abertos e Liga Estudantil Galega, unha reunión para todas as afectadas e afectados que terá lugar o vindeiro xoves 24 de setembro na Aula 7 da Facultade de Xeografía e Historia ás 20:15 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario