O sindicato STEG di que esta medida afonda nas desigualdades e pide a apertura dun prazo extraordinario para a solicitude de libros de texto do fondo solidario.
O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) denuncia que a Consellería de Cultura e Educación deixa sen libros de texto aos
alumnos que teñan repetido 2º e 4º de ESO e que non tivera solicitado a
súa inclusión no programa do fondo solidario de libros de texto antes
do 30 de xuño.
“A este alunado, que ate a primeira semana de setembro non tería a
certeza de se ía a repetir ou non, non se lle permite agora solicitar a
súa inclusión no programa, véndose de facto expulso do mesmo”, critica
este sindicato que xa rechazou o pasado xuño as ordes publicadas no día 1
dese mes que regulaban o acceso ao fondo solidario de libros de texto e
a convocatoria de axudas para a compra dos mesmos.
“Xa naquel momento criticamos a persistencia na eliminación dun
verdadeiro programa de acceso universal a libros de texto e a
improvisación continúa coa que actuaba (e continúa a actuar) a
administración”, lembra. Por iso, reclama unha “política eficaz” na que o material escolar se refire, que recolla, di “o dereito a un ensino público, gratuito e de calidade
en toda a etapa obrigatoria e que garanta a obtención de material
didáctico para todo o alumnado matriculado en centros públicos”.
Ademais, pide que se acabe coa política de discriminación do
alumnado no ensino público, e se abra unha fase extraordinaria de
solicitude de adhesión ao fondo solidario para o alumnado que repite 2º e
4º ESO, “unha medida que non tería custo económico para a Consellería,
xa que eses libros xa forman parte do fondo solidario dos propios
centros”, conclúe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario