Dez rapazas e quince rapaces nados en 2002 e 2003 son os seleccionados para a nova promoción do proxecto
Estalmat-Galicia, unha iniciativa que busca estimular o
talento matemático
entre os adolescentes e que este ano acada a súa novena
edición. Maña,19 de setembro, preséntase a nova promoción cunha sesión
de benvida ás 10.30 horas na Aula Magna da
Facultade de Matemáticas. A selección dos participantes realizouse a través dunh proba o pasado mes de xuño. Participaron
323 estudantes de toda Galicia.
Entre as novas actividades programadas para este curso está a
participación dos estudantes nun encontro con membros da promoción de
Estalmat-Galicia 2010 ou a realización da cuarta iteración da alfombra
de Sierpinski.
Máis información no seguinte enlace:
Ningún comentario:
Publicar un comentario