Dos 1.883 estudantes que realizaron as probas en Galicia, un total de 1.274 foron declarados aptos
Un 67,65% dos alumnos presentados en fase xeral de selectividade en Galicia durante os exames de setembro aprobaron, segundo informou este xoves a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG). Dos 1.883 presentados en fase xeral -había 2.372 matriculados na Proba de Acceso á Universidade (PAU) entre fase xeral e específica-, un total de 1.274 foron aptos (o que supón case un 68%). Pola súa banda dos 2.372 matriculados ás probas do 16, 17 e 18 de setembro, presentáronse 2.334, o que supón un 98,34%, segundo as cifras achegadas pola CIUG.As solicitudes de segunda corrección e reclamación poderanse facer desde o vindeiro luns, 28 de setembro, ata o mércores, 30 de setembro. Así, a publicación de cualificacións da Pau logo da resolución das reclamacións terá lugar o 2 de outubro. Con todo, boa parte das titulacións universitarias en Galicia xa teñen as prazas pechadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario