Información da reunión mantida co conselleiro de Facenda.
A CIG mostrou o seu total rexeitamento ás
propostas presentadas xa que para nós é irrenunciábel a restitución de
todos e cada un dos dereitos laborais, retributivos e profesionais que
nos foron arrebatados. Por tanto, parécenos inadmisible e inxustificábel
que nin sequera se coñeza o horizonte para recuperar as pagas extras
completas e para restituír os salarios que tiñamos no 2010, tendo en
conta que o profesorado galego tivo unha perda acumulada desde ese ano
que vai desde os 24.000 euros aos 42.000 euros
Hoxe, luns 14 de setembro, o conselleiro de Facenda e o
director xeral de Función Pública, convocounos á CIG Area Pública a unha
reunión para trasladarnos o seguinte:
PRAZOS PREVISTOS PARA RESTITUÍR A PAGA EXTRAORDINARIA DE 2012:
Ano 2015: Aboarán un 25% da contía total durante este ano (2015). Non concretaron data mais, como é evidente será antes das eleccións xerais.
Ano 2016: A súa intención é restituír o outro 50% pendente da paga do ano 2012 nun único prazo. A data está sen determinar, mais está claro que será antes das eleccións galegas.
COBRO DO COMPLEMENTO ESPECÍFICO NAS PAGAS EXTRAORDINARIAS A PARTIR DO 2017:
Ano 2017: Prevén que no ano 2017 recuperemos o cobro do complemento específico nas pagas extras segundo a dispoñibilidade orzamentaria.
Non están dispostos a restablecer nas pagas extras o 100% do salario base (é dicir, as retribucións sen o complemento especifico, sen o de destino e sen a antigüidade) que nos foi reducido nun 30% nas pagas extras desde o 2010.
DESCONTOS NOS SALARIOS POR INCAPACIDADE TEMPORAL (IT)
Non están dispostos a restablecer o dereito a que se perciba o 100% das retribucións en situación de incapacidade temporal.
RESTITUCIÓN DOS SALARIOS REDUCIDOS DESDE O ANO 2009
Non están en disposición de asumir, nin sequera en prazos, a restitución dos nosos salarios, que foron reducidos desde o 2010.
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO
Soamente están en disposición de ofertar o 100% da taxa de reposición, non considerando unha oferta maior, malia que nos últimos anos se xubilaron máis de 4000 docentes e se convocaron unicamente 993 prazas.
SUBA SALARIAL ANO 2016
Unicamente están en disposición de aumentar o noso salario nun 1%, tal e como xa anunciou a administración central.
A CIG mostrou o seu total rexeitamento a estas propostas xa que para nós é irrenunciábel a restitución de todos e cada un dos dereitos laborais, retributivos e profesionais que nos foron arrebatados. Por tanto, parécenos inadmisible e inxustificábel que nin sequera se coñeza o horizonte para recuperar as pagas extras completas e para restituír os salarios que tiñamos no 2010, tendo en conta que o profesorado galego tivo unha perda acumulada desde ese ano que vai desde os 24.000 euros aos 42.000 euros
Tamén lles trasladamos que non estamos dispostos a que o profesorado galego sexa do peor pagado do Estado e que nos parecía totalmente insuficiente que a oferta de emprego se limitara exclusivamente a reposición de efectivos tendo en conta a supresión de máis de 3.000 profesores nos últimos anos mentres se xubilaban 4.000 docentes.
De igual maneira esiximos que se perciba o 100% das retribucións en situación de baixa laboral. A CIG-Ensino quere denunciar estes anuncios propagandísticos e electorais da Xunta que en nada teñen que ver con considerar onoso traballo para percibir os salarios e recuperar todos os dereitos que nos foron laminados.
Máis información:
“A Xunta de Galiza limítase a seguir as instrucións que recibe do Estado español en materia de servizos públicos"

Ningún comentario:
Publicar un comentario