En Windows Phone 8.1 hai dende hai tempo unha popular
aplicación chamada Traductor e, como
ben indica o seu nome, trátase dun completo tradutor entre dúas linguas que
seleccionemos, podendo introducirse as frases a traducir mediante teclado, voz
ou cámara, e agora que xa temos Windows 10 en ordenadores e é inminente a súa
chegada aos móbiles, por fin temos Traductor
10 Beta, aplicación que xa está dispoñible para a súa descarga, e que
busca contribuír a facer traducións en mobilidade, incluso cando non teñamos
acceso á Rede (de descargar previamente os paquetes de idioma entre os que
queiramos traducir). Os resultados da tradución tanto podemos velos en pantalla
como escoitalos a través dos altofalantes do noso dispositivo, o que pode
resultar moi práctico para facernos entender cando viaxemos ao estranxeiro ou
atopemos a unha persoa que fale outro idioma.
Como curiosidade propia de Windows 10, cando ancoremos a aplicación ao Inicio,
atoparemos que na baldosa da aplicación parece unha palabra ou frase nova cada
día para axudarnos a ampliar o noso vocabulario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario