Durante o curso 2014/2015 máis de 5.000 alumnos da provincia de
Pontevedra realizaron prácticas de Formación Profesional en preto de
4.000 centros de traballo, completando así a formación que reciben na
aula cunha máis vinculada ao mundo real na empresa. Destas cifras 96
foron os mozos de Deza que levaron a cabo durante este período prácticas
de FP e fixérono en 91 empresas da comarca.
Para este novo curso
na provincia de Pontevedra ofértanse 7.645 prazas para os ciclos de grao
medio (4.045 distribuídas en 143 ciclos) e de grao superior (3.600
repartidas en 130 ciclos) de réxime ordinario. De feito, e segundo as
previsións iniciais da Consellería de Educación, para o 2015/2016
matricularanse ao redor de 53.400 alumnos en toda a comunidade, o que
suporá un 3,4% máis con respecto ao ano pasado. Ademais, dita
Consellería leva investindo máis de oito millóns de euros desde o 2009
para apoiar aos alumnos en prácticas nos seus desprazamentos, xa que 500
alumnos do ano pasado optaron polo estranxeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario