Só hai unha explicación para esta saída
tan repentina e é que coa mobilización social convertémoslle nun
auténtico cadáver político, nun peso morto para un goberno que se ve
agora ante as peores perspectivas electorais nas eleccións xerais:
queren soltar lastre librándose dun dos rostros máis odiados e por iso
tiveron que darlle boleto ao seu querido ministro. A pesar da campaña
desatada para xustificar que a saída de Wert é un cambio sen importancia
que non encerra motivos políticos, nós dicímolo claro ¡Wert non se foi
senón que lle botamos!
O PP desfaise de Wert e mándao a París, a salvo de folgas e manifestacións
Isto demostra como a mobilización e a presión social por suposto que teñen efecto e resultados. Pero o Partido Popular, aínda que quere agora mostrarnos o seu rostro “máis humano” a tan só uns meses das eleccións xerais, non pode esconder o carácter caciquil que corre polas súas veas. Mesmo nestas circunstancias, quixeron pagar ao impresentable de Wert todos os servizos que os grandes personaxes da patronal da educación privada ou os propietarios de editoriais debíanlle. Por iso preparáronlle un retiro dourado en París como embaixador español na OCDE, puestecito polo que cobrará máis de 10.000 euros mensuais e para o que lle foi facilitado un piso de luxo de 500m2 nunha zona exclusiva do centro de París onde dispoñerá de chofer, mordomo e todos os luxos que a maioría de nós non vimos máis que na televisión. Todo isto financiado con diñeiro público, claro.

A mobilización obriga ao PP para suspender as reválidas franquistas
Mentres tanto o goberno tratou de dar un cambio de imaxe radical co seu novo ministro – Iñigo Méndez de Vigo - As declaracións insultantes e as constantes provocacións de Wert foron substituídas polos sorrisos deste individuo que se esforza por caer ben e que di que quere dialogar coa comunidade educativa (non como o outro). Pero nada máis lonxe da realidade. Este personaxe, actual barón de Claret, é un ultra conservador convencido, un home rico e ben conectado que defende exactamente o mesmo que Wert.

Para comezar a súa campaña de márketing
estreouse co anuncio da suspensión das reválidas franquistas en ESO e
Bacharelato como proba do seu talante. Pero isto non se debe ao talante
senón que significa que o goberno renuncia ao momento máis sanguento da
LOMCE e faio debido á mobilización. Grazas á loita da Marea Verde, ás 20
folgas xerais convocadas polo Sindicato de Estudantes e a pelexa
incansable dos pais, profesores e estudantes que nos mobilizamos,
libramos a millóns de mozos dunha medida que ía determinar o seu futuro
no peor dos sentidos: logramos que non se apliquen as reválidas que nos
ían a excluír do dereito á educación aos que provimos de familias
traballadoras.
Aumento das bolsas? Onde?
A pesar de querer escenificar un novo estilo, Méndez de Vigo, segue cos ollos pechados os pasos do seu predecesor e anunciou - outra vez - “os maiores presupostos para bolsas da Historia”. Este rimbombante titular que Wert repetiu ata a saciedade e traduciuse finalmente nun recorte de 50 millóns de euros en bolsas, parece levar este ano o mesmo camiño. En concreto o “gran” orzamento para bolsas supón un raquítico aumento do 0,2% para alcanzar a cifra de 1472 millóns de euros, que se atopa, por certo, moi lonxe dos máis de 1600 millóns de euros que se dedicaban a bolsas antes da chegada do PP ao goberno. Outro dos seus bombazos é a recuperación das axudas para comedor e libros de texto que eles mesmo suprimiron, destinando a este punto 24 millóns de euros. Esquéceselles dicir que antes de que eles metesen a tesoira o orzamento (xa entón moi insuficiente) era de 100 millóns de euros. Este ministro comeza a súa andaina vendendo fume para tratar de ocultar a realidade que é que os novos orzamentos para educación son máis do mesmo e supoñen, non unha mellora senón unha consolidación dos recortes.

Hai que continuar a mobilización para botar ao goberno do PP ao completo!
A experiencia demostrounos dunha forma moi crúa que baixo o goberno do PP non hai alternativa para os mozos de familias traballadoras. Eles defenden os seus intereses e obedecen aos seus amos que son os banqueiros e grandes empresarios. Para que estes poidan seguir facéndose ricos necesitan que sexa á conta da maioría, dos nosos dereitos, da nosa educación e por iso todas as súas medidas abócannos á precariedade máis absoluta senón ao paro directamente. Está claro que o goberno do PP é moi débil e teme o poder que a mobilización social ha adquirido nos últimos anos. Nós témolo moi claro: a mobilización e a loita é o único camiño e nunca baixo un goberno do PP virán tempos de prosperidade nin condicións dignas para a maioría. Por iso é necesario continuar a mobilización, para botar non a un ministro ou a outro senón ao goberno ao completo do Partido Popular, ao goberno da minoría e ao goberno que significou un auténtico pesadelo para millóns de persoas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario