Lalín e Silleda conseguen un balance positivo mentres que Cerdedo e Forcarei, que perdían veciños no 2008, reciben máis dos que se van.
A crise, que aínda non se afastou do todo, continúa
supondo unha sangría para a poboación de Deza. Dos seis municipios da
comarca, Lalín e Silleda conseguiron manter o pasado ano un saldo
positivo, aínda que de non moito peso. En Lalín foron oito máis os
veciños que sumaron dos que restaron, mentres que en Silleda o saldo, a
favor, foi só de dous. Uns números que aínda que pequenos parecen
atisbar os primeiros latexados dunha recuperación que parece estar máis
preto.
Queda para iso, o máis difícil, volver xerar emprego,
que constitúe a verdadeira clave da recuperación e que permitiría un
aumento de poboación, que Lalín espera como auga de maio nun intento de
manter os vinte mil habitantes, e xa que logo a categoría municipal.
Segundo os datos feitos públicos polo Instituto
Galego de Estatística, no 2014 os saldos migratorios arroxaron en Deza
un saldo negativo, que se situou en 107 persoas. O Concello recibiu 59
veciños do estranxeiro pero 123 marcháronse a outras zonas de Galicia,
tres a outras zonas da provincia e dezaoito a outras poboacións do resto
de España.
Unha
situación moi diferente á que se daba no 2008, na que Lalín constituía o
polo de atracción da zona. Aquel ano, Deza gañou 336 veciños, 236 deles
en Lalín, 131 en Silleda e 35 en Vila de Cruces. Mentres, os concellos
máis rurais continúan perdendo poboación por veciños que saían fóra. Ese
ano Dozón perdeu 32 e dous, dezaseis Rodeiro e dezaoito Agolada.
No 2014, aos números positivos de Silleda e Lalín,
que conseguiron manter o tipo, engádense os saldos negativos
,migratorios doutros concellos. Foron vinte menos en Agolada, sete menos
en Dozón, vinte e dous menos en Rodeiro e 68 menos en Vila de Cruces.
Mentres estes cambios se producen en Deza, en
Tabeirós-Terra de Montes, a situación é distinta. No 2008, a comarca
tivo un saldo migratorio negativo que o IGE cifra en 67. A Estrada, do
mesmo xeito que ocorría con Lalín, recibía xente, aínda que en moita
menor medida cun saldo positivo de só 44 persoas. En cambio, a sangría
estaba en Cerdedo, que perdía 38, e en Forcarei, con 73 menos. No último
ano, tórnalas cambiaron, e a comarca conseguiu un saldo positivo de 21
persoas. A Estrada, continúa perdendo poboación e o saldo migratorio foi
negativo, en 27 persoas, mentres que Cerdedo e Forcarei reciben aos que
regresan. Forcarei sumou 35, dezaoito procedentes doutras zonas da
provincia, doce do resto de Galicia e seis do estranxeiro. Só un emigrou
e foi a outras zonas de España. Cerdedo conseguiu un saldo positivo de
trece, sete regresaron do estranxeiro e outros tantas doutras zonas da
provincia de Pontevedra e tres do resto de Galicia, mentres que catro
emigraron sen saír de España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario