DENUNCIA DE PROLINGUA
O idioma galego, excluído por primeira vez nunha edición de XuventudeGalicia.net
“O Xuventude Galicia Net., que a pesar de levar na cabeceira o nome de Galicia, o galego está ausente de todo o demais. De querérmonos inscribir, non podemos facelo en galego; de consultarmos as normas do encontro ou de conectármonos ao seu streaming, unha e outra vez a mesma canción: só castelán; e de navegarmos polo portal do Xuventude Galicia Net, nada de galego, e o mesmo podemos dicir das redes sociais ligadas ao evento”. É a denuncia clara e directa que fai Prolingua, que denuncia que a exclusión do galego non se deu até o de agora. “Abonda con consultarmos o timeline do facebook ou do twitter das anteriores edicións para comprobarmos como daquela se dirixían con toda normalidade en galego aos seus seguidores”.
Prolingua lembra que este evento contou con apoio da Xunta, a través dun convenio de colaboración de 25.000 euros para a súa organización. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato e o vicepresidente Alfonso Rueda visitaron o recinto feiral de Silleda ratificando coa súa presenza que apoian a expulsión da lingua galega.
A plataforma apartidaria ProLingua apionta a que “arela que a Xunta de Galicia, e o mesmo outros organismos que deberían ser exemplo no uso normalizado do galego, non patrocinen eventos que salientan pola ausencia da nosa lingua”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario