A Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega realiza o vindeiro sábado 26 de setembro o VI Congreso de Escritoras/es no Pazo da Cultura de Pontevedra que leva por título "Para que(n) escribimos o futuro?".
Segundo a AELG, este é un encontro periódico cuxa finalidade é a de “dotármonos dun espazo de reflexión sobre a situación do sistema literario no que estean presentes aqueles temas que preocupen ás/aos asociadas/os”.A xuntanza organízase en varios grupos de traballo, que van desde os dereitos de autoría e profesionalización, da man de Francisco Castro; á oralidade como soporte literario, con Antonio Reigosa; o futuro da literatura dramática, con Afonso Becerra; novas formas de edición, con Rosalía F. Rial; a Lusofonía como renovada oportunidade, a cargo de Carlos Quiroga; e formación de lectores/as, con Ledicia Costas.
Para rematar haberá unha posta en común de todos os grupos e presentarase a nova web da AELG. O peche estará a cargo do grupo musical Xardín Desordenado, que interpretarán cancións compostas sobre textos de varias poetas galegas de distintas xeracións: Rosalía de Castro, Olga Novo, Enma Pedreira, Pilar Pallarés, Luisa Castro, Marta Dacosta e Cristal Méndez Queizán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario