É o que ten que pagarlles en concepto do 50% da paga extra retida desde 2012. Esta retención teríalle servido ao Goberno galego para pedir un préstamo de 215 millóns de euros sen pagar xuros e comisións.
O famoso proxecto de lei polo que a Xunta vai devolver un 26,23% da paga extra retida
aos funcionarios desde 2012 chegou xa ao Parlamento galego e este
martes someterase a debate e votación do Pleno. Con todo, a Xunta aínda
lles adebeda aos seus traballadores 92 millóns de euros.
Unha cantidade que sae do 50% da paga retida desde 2012 e
que aínda non pagou. Esta cifra ascendería a 107 millóns se se teñen en
conta as transferencias correntes de crédito a entidades instrumentais,
universidades e concertos educativos para pagar o seu persoal propio.
A paga extra do 2012 non pagada serviulle como balón de osíxeno
ao Goberno galego estes anos, segundo indica CIG-Autonómica. A dita
retención deulle a Xunta un préstamo a 4 anos de 215 millóns de euros e
iso sen ter que pagar un só euro en xuros ou comisións.
Coa devolución dese 26,23% anunciado terá que desembulsar en breve uns 56 millóns de euros.
Con todo, aínda adebeda ao redor de 107 millóns de euros só polo
concepto da paga extra de 2012. Nestes cálculos contémplanse non só as
nóminas do persoal de Xunta, Organismos Autónomos (incluído Sergas) e
Axencias, senón tamén as transferencias a entidades instrumentais,
universidades e concertos educativos para pagar o seu persoal.
“Aínda así, o verdadeiro préstamo a fondo perdido está sendo o 4% das retribucións brutas anuais
que perdemos desde o 2013 en concepto de complemento específico (ou
equivalente) nas pagas extras”, critica este sindicato. Algunhas fontes
calculan en 600 millóns de euros esta cantidade ata o 2016, último ano e
ano electoral en Galicia, no que, segundo Feijóo, habería este
recorte.
“En fin, para qué emitir débeda pública e aumentar o déficit, cando
poden reter indefinidamente parte da nómina anual do persoal sen que lle
custe un euro e aínda por riba sacando rédito electoral. A base de
recortar e tomar prestado máis que as demais Administracións das nóminas
do persoal é fácil cadrar os números macroeconómicos”, critica este
sindicato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario