Os administradores e administradoras da Galipedia destacan ademais a mellora na calidade e profundidade dos textos da edición galega da WikipediaOs administradores e administradoras da Galipedia destacan ademais a mellora na calidade e profundidade dos textos da edición galega da Wikipedia. A enciclopedia libre en galego conta xa con 43 artigos de calidade, un número superior ao existente en linguas equiparables á galega en número de entradas ou usuarios, e que abranguen varias biografías, e contidos relacionados coa xeografía e a historia galegas, a ciencia, o deporte ou a música. A Wikipedia galega conta cun total de 61,950 usuarios e usuarias, dos 272 son usuarios activos.
A Galipedia mantén un ritmo constante de crecemento, sumando 5.000 novas entradas cada sete meses (máis ou menos). Nos últimos anos veu acadando algúns fitos, coma o que supuxo -en marzo de 2013- que todos os concellos galegos contasen con, cando menos, unha fotografía. Ademais da enciclopedia libre, e coa mesma filosofía da Galipedia, podemos empregar e participar tamén no Galizionario (con 44.977 entradas), en Galilibros (unha colección de libros participativos en galego, que suma case un milleiro de proxectos), en Galifontes (unha biblioteca de textos orixinais que estean no dominio público ou con licenzas libres) e nas Galicitas, unha colección virtual de frases célebres.
Dende a Galipedia faise un chamamento, ademais, a todos os usuarios e usuarias a colaborar na mellora e crecemento da enciclopedia libre. Non só engadindo ou editando textos, senón tamén achegando imaxes en licenzas libresDende a Galipedia faise un chamamento, ademais, a todos os usuarios e usuarias a colaborar na mellora e crecemento da enciclopedia libre. Non só engadindo ou editando textos, senón tamén achegando imaxes en licenzas libres. Neste caso, sinalan, pode ser moi útil a publicación de fotografías "dos lugares da nosa terra, as aldeas, os ríos, os castros, os petróglifos, as praias, etc". Na actualidade a Galipedia ten publicadas 11.049 imaxes. Os administradores engaden que "se non sabes por onde comezar pide axuda na Taberna que sempre hai alguén para botar unha man ós que empezan!".
Ningún comentario:
Publicar un comentario