Agrupacións musicais, asociacións culturais, deportivas, de estudantes, de pacientes dunha determinada doenza… así ata 35 entidades
sen ánimo de lucro recibiron o curso pasado ordenadores, pantallas,
discos duros, impresoras… material informático en desuso nas aulas e
oficinas universitarias que, tras pasar polas mans do Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade,
optará así a unha nova vida na que axudará a estas asociacións a
resolver as súas necesidades específicas de equipamento informático, sen
custe algún e co asesoramento de profesionais no referente á instalación e funcionamento dos programas de software libre instalados nos equipos.
As entidades interesadas que aínda non presentaron a solicitude –a convocatoria lanzouse o pasado día 1- teñen de prazo ata o vindeiro mércores día 30 e poden facelo tanto no Rexistro Xeral da Universidade como en calquera dos rexistros auxiliares de Vigo, Ourense e Pontevedra.
Máis información no seguinte enlace: http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=10352&Itemid=39
Ningún comentario:
Publicar un comentario