O número de multimillonarios (aqueles con máis de 6 millóns de euros) duplicouse durante a crise, un período no que, non obstante, os menos ricos (aqueles con menos de 36.000 euros en patrimonio) se reduciron un 92%.
O número de multimillonarios (aqueles con máis de 6 millóns de euros)
duplicouse durante a crise, un período no que, non obstante, os menos
ricos (aqueles con menos de 36.000 euros en patrimonio) se reduciron un
92%, segundo a estatística do imposto sobre patrimonio de 2013.
Ademais, este indicador sinala que tras a amnistía fiscal o número de declaracións de multimillonarios aumentou case unha cuarta parte, así como o total de declarantes, que tamén creceu máis dun terzo dende 2011.
Non obstante, dende o ano 2007 o número de persoas que tiñan que declarar polo seu patrimonio reduciuse nunha quinta parte, ao pasar de 981.498 en 2007 a 178.481 en 2013. Este recorte viuse reflectido en maior ou menor medida entre todos os contribuíntes que declaran ata 1,5 millóns de euros, algo coherente nunha situación de crise económica.

Non obstante, no caso daqueles que declaran ter máis de 1,5 millóns de
euros en patrimonio, o seu número incrementouse un 15% entre 2007 e
2013, se ben foron os máis multimillonarios os que máis aumentaron, ata
duplicarse. Así, antes da crise había 3.732 contribuíntes con entre 6 e
30 millóns de euros, en 2013 a cifra aumentou a 5.469; mentres que
aqueles con máis de 30 millóns de euros en patrimonio pasaron de 233
persoas a 471.
Estes datos veñen a reflectir unha desigual repartición da riqueza durante a crise, pero tamén son consecuencia da amnistía fiscal que o Goberno aprobou en 2012 e que permitiu aflorar patrimonios ata entón ocultos. Respecto aos últimos datos previos á amnistía (do ano 2011), o número de declarantes aumentou o 37%, se ben este incremento se viu avalado case na súa totalidade por aqueles que teñen un patrimonio superior aos 300.000 euros.
En concreto, aqueles con máis de 1,5 millóns de euros aumentaron un 22,8% neses dous anos, taxa que é superior canto maior é a riqueza do declarante. O número de declarantes de entre 1,5 e 6 millóns de euros aumentou o 22,4% coa amnistía fiscal, o de entre 6 e 30 millóns creceu o 25,3% e o que ten máis de 30 millóns, fíxoo case un 34%.
Pola contra, non parece que afectase moito a regularización de activos ocultos a aqueles que declaran posuír menos de 300.000 euros, que se reduciu un 20% nos últimos dous anos. Respecto aos datos do imposto relativos a 2013, os 178.481 declarantes totais contaban cun patrimonio valorado en 537.106 millóns de euros, se ben a súa base impoñible (aquela pola están obrigados a declarar, unha vez eliminadas as exencións e bonificacións) ascendeu a 324.835 millóns de euros.
En canto á estrutura do capital declarado, a súa maior parte era mobiliario (402.605 millóns de euros, o 75% do total), seguido dos bens inmobles (99.492 millóns), outros bens e dereitos (14.134 millóns), afectos a actividades económicas (10.394 millóns), seguros e rendas (9.514 millóns) e bens suntuarios (14.134 millóns).
Por rexións, o maior número de declarantes, con diferenza, encóntrase en Catalunya, con 69.036 persoas, seguido de lonxe por Comunidade Valenciana (18.714), Andalucía (18.480) e Madrid (16.153). Non obstante, tendo en conta o capital medio declarado, Madrid sitúase á cabeza, con 8,17 millóns de euros, seguida de Galicia, con 4,18 millóns.

Ningún comentario:
Publicar un comentario