xoves, 10 de setembro de 2015

Máis de 15.000 mozos galegos emigraron dende o comezo da crisis

15.505 marcharon nestes anos. Só 2 de cada 10 vive emancipado. O seu desemprego supera o 48%. Estas son algunhas das cifras para Galicia do informe "Juventud Necesaria", presentado en Santiago polo Consejo de la Juventud de España. 

O órgano consultivo oficial para políticas da mocidade, dependete do Ministerio de Sanidade, alerta que o país podería perder até 5.462 millóns de euros na próxima década por mor da emigración dos máis novos.
Así o afirmou Ángel Gudiña, membro da comisión permante do CJE, nunha rolda de prensa. Para facerse unha idea do que supón, cómpre considerar, por exemplo, que o orzamento da Xunta para sanidade neste ano é de 3.170 millóns.
A emigración dos novos tamén agrava o problema das pensións. Agora mesmo, a masa do soldo de todos os asaliariados galegos significa o 34% do que cobran todos os pensionistas do país. De seguir así, en 2029 as pensións significarán case a metade do global de soldos, o que evidentemente pón en perigo a sustentabilidade do sistema.
O problema do avellentamento da poboación e da falta de emprego é especialmente serio en Galicia. Tanta as taxas de emancipación como as de desemprego persentan mellores resultados no Estado ca en Galicia.
Ante estas eivas, o CJE pide u cambio radical en políticas de sectores como a vivenda ou a educación. No referido en concreto a Galicia, o galego Gudiña criticou que a mocidade careza dun órgano concreto para coordinar as accións das diferentes asociaicóns de mozos, tras a liquidación do Consello Galego da Xuventude.
Gudiña, que é un mozo galego que emigrou recentemente fóra, reunirase estes días coa directora xeral de Xuventude da Xunta e con outros mandatarios, como o alcalde de Santiago.
"Xuventude Necesaria" é o título do informe que vén de publicar o Consejo de la Juventud afondando nas cifras e reflexionando sobre o potencial xuvenil de enerxía, innovación e creatividade que se está perdendo en cada Comunidade Autónoma por non considerar o papel da mocidade para o futuro.
 
É tamén o nome que recibe a xira que a entidade está facendo por España para sensibilizar á sociedade, mostrando aos responsables das institucións a necesidade de medidas que melloren a situación da xuventude, o cal redundará en beneficio de toda a sociedade. Santiago de Compostela é o segundo punto de parada desta xira por todo o Estado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario