A iniciativa internacional inclúe tamén Gales, Escocia, Irlanda, Frisia, Cornualles e o País Vasco.
Grazas a esta colaboración, a cultura galega será unha
das protagonistas da iniciativa que viaxará en barco a través da Europa
Atlántica co obxectivo de celebrar e difundir a diversidade cultural e
lingüística.
A Mesa pola Normalización Lingüística e a Deputación da
Coruña participarán no proxecto de promoción e defensa da diversidade
cultural e lingüística Tosta Cargo dentro do programa Donostia Capital
Europea da Cultura 2016.
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira,
destacou a capacidade da iniciativa de cara a “romper o descoñecemento
das nosas linguas e as súas situacións e mostrar que a diversidade
lingüística é un factor de unión, como o é o mar e o océanos que serven
de metáfora”. “Servirá para celebrar algo que se esquece, que existe
diversidade e que a lingua é a mellor creación de cada pobo. Daremos a
coñecer a nosa e teremos oportunidade de achegarnos ás outras
participantes no Tosta Cargo”, sinalou ao tempo que destacou o carácter
“rompedor da iniciativa” e agradeceu o compromiso da Vicepresidencia da
Deputación “coa lingua a través dunha iniciativa que reverterá ao país
enteiro”.
“O proxecto, que apoiado polas áreas de Cultura e Lingua da
Deputación da Coruña, abre a posibilidade de internacionalizar a nosa
lingua e buscar puntos de encontro entre as distintas comunidades”,
sinalou a vicepresidenta, Goretti Sanmartín na presentación do proxecto
despois dunha xuntanza na sede da Deputación na que tamén participaron o
responsábel da Área de Cultura, Xosé Regueira, os membros da Mesa pola
Normalización Lingüística, Marcos Maceira, presidente, Paulo
Filgueiras e Mónica Pazos e os representantes de Donostia 2016, Asier
Basurto e Imanol Otaegi.

O proxecto Tosta Cargo é a embaixada itinerante do Faro das Voces, un
dos tres eixos nos que se articula o programa de Donostia Capital
Europea da Cultura 2016. Tosta Cargo preséntase como un proxecto de
colaboración entre axentes culturais das comunidades lingüísticas
minorizadas do Atlántico europeo no que tamén participan Gales, Escocia,
Irlanda, Frisia, Cornualles e o País Vasco, ademais da cultura e a
lingua galega por medio da participación da Mesa pola Normalización
Lingüística e aDeputación da Coruña.
Un “cargamento cultural” en contedores
A iniciativa materialízase no envío dun “cargamento cultural” en
forma de contedores mariños que visitarán cada unha das nacións. En cada
un dos portos en que recale, organizarase no verán un festival para
visibilizar as creacións d@s artistas participantes e festexar a
diversidade lingüística dos distintos países. “A idea serve para mostrar
que en galego estamos no mundo, que podemos relacionarnos en pé de
igualdade nunha viaxe que é de intercambio artístico e cultural mais que
pode espallar de maneira simbólica a idea de que a cultura ten a ver
coa identidade e a cultura mais tamén coa mercadoría, que debe e pode
funcionar nese ámbito comercial e económico”, explicou a vicepresidenta
na súa intervención na rolda de prensa que se desenvolveu despois da
xuntanza. O proxecto conxuga, segundo sinalou, a promoción da creación
artística, a visibilización da diversidade cultural e o encontro de
culturas en igualdade de condicións polo que “encaixa nas liñas de
traballo que a Deputación vai desenvolver tanto nas áreas de cultura
como de lingua”, anotou Sanmartín.
Por parte de Donostia 2016, Imanol Otaegi, debullou o proxecto que se
desenvolverá en tres fases, unha primeira de intercambio de residencias
artísticas, unha segunda na que o resultado serárecollido nos
contedores e difundido en distintos portos e unha final que terá lugar
de maio a setembro de 2016 cando se celebren os distintos festivais en
cada un dos portos dos países participantes. O proxecto rematará no País
Vasco, no porto de Pasaia, arredor do 26 de setembro, data na que se
conmemora o Día Europeo das Linguas.
No Tosta Cargo participan, entre outras entidades, Tapagunea (País
Vasco), Celtic Neighbours (Gales), Ealain Na Gaeltachta (Irlanda),
Proiseact nan Ealain (Escocia) e Golden tree Productions (Cornualles).
Ningún comentario:
Publicar un comentario