Durante a celebración de Xuventude Galicia Net organizáronse distintas actividades, entre as que destacaban catorce torneos de distintos videoxogos, pero pese a estarmos ante unhas xornadas nas que a Internet é o eixe central, a súa presenza en liña foi mínima e polémica, pois se ben o encontro apenas contou con presenza nas redes sociais por parte dos seus participantes, cando miramos as comunicacións da organización atopamos unha práctica que están a denunciar dende ProLingua: ausencia total da uso do galego.
A páxina web de Xuventude Galicia Net está integramente en español, así como todas as comunicacións que fixeron a través de Facebook e Twitter, algo que non aconteceu en anos anteriores, onde o galego era o vehículo de comunicación empregado, como é lóxico para un evento que ten un nome en galego e que goza do financiamento da Consellería de Traballo e Benestar (así como doutras institucións como a Deputación de Pontevedra e o Concello de Silleda). Dado que estamos ante un evento celebrado en Galicia, con público principalmente galego e financiando principalmente por fondos públicos resulta inxustificable que se marxine o uso da nosa lingua na súa comunicación.
Aínda que dende a Fundación Semana Verde de Galicia amosáronse satisfeitos coa “boa resposta” dos participantes e consideran positivo o cambio de localización do evento, non parece ser este o parecer dos asistentes que se manifestaron a tal efecto, que criticaban a falta de participantes e de ambiente, con comentarios como “nada que ver con anos anteriores. Terá o nome, pero non o espírito”.
- Fronte a edicións con 1.600 inscritos ao evento, a pasada fin de semana resultaba evidente que
- Xuventude Galicia Net non conservou o pulo de anos anteriores (superara o milleiro de inscritos
- dende a segunda edición)
Ningún comentario:
Publicar un comentario