Se non favorecemos a conciencia de país, en todos e cada un dos pasos que damos, dificilmente nos poderemos expresar como unha nación no mundo.
Tan difícil é que as persoas que temos a Galiza no centro das nosas
preocupacións, como tarefa e como paixón, nos poñamos de acordo nunha
candidatura de país para estarmos representados e representadas como
nación galega nas Cortes do Estado, nun momento, ademais, tan crucial
para o noso futuro como pobo? Tan difícil nos resulta comprender que o
que de verdade urxe é que Galiza deixe de ser apéndice das dinámicas
políticas da metrópole para ser dunha vez nación con expresión política
de seu? Tan difícil é asumirmos que somos un pobo á intemperie e que só
coas nosas propias forzas, coa nosa capacidade para autoorganizarnos
como sociedade e para defendernos como país, seremos quen de
autogobernarnos e de colocarmos a Galiza como unha nación no mundo? Tan
difícil é que as persoas de pensamento nacionalista ou con mentalidade e
práctica galeguista non entendamos que se non favorecemos a conciencia
política de país, en todos e cada un dos pasos que damos, dificilmente
nos poderemos articular como nación e camiñar cara a un proceso real de
Autodeterminación?
Mire como se mire, o certo é que Galiza como país con dinámica política propia está agora moito peor que na época de Albor ou de Fraga, que xa é dicir. Daquela o Parlamento galego era dalgunha maneira o centro do debate político da sociedade galega. Hoxe hai unha parte moi importante da nosa sociedade que lamentabelmente non contempla a Cámara galega como centro de nada nin sequera a Galiza como problema político, senón como unha peza máis para lograr o cambio político a nivel de Estado, facéndonos crer que o fundamental é o cambio político na Moncloa e que calquera posibilidade de cambio político na Galiza depende dunha alternativa estatal e do que se defende de forma radial desde a metrópole. Isto, naturalmente, ao único que conduce é a unha maior españolización da nosa sociedade e do discurso político, en definitiva, á nosa colonización política. Todas e todos nós pendentes de Madrid. Non fai falta dicir que o nacionalismo galego, historicamente, sempre estivo noutro camiño, incluso, diga o que se diga, cando participou na Frente Popular, pois ese paso deuno o Partido Galeguista fundamentalmente para sacar adiante o Estatuto de Autonomía e para construír un marco político institucional galego, que nese momento estaba aínda por crear. E deuno, ademais, sen desfacer o Partido -a Dereita Galeguista foi algo moi minoritario- e sen embarcarse de novo noutra experiencia como a de ORGA, como fixera un sector do nacionalismo galego en 1929. Cómpre non esquecelo.
Claro que o noso país precisa unidade popular, mais unha unidade que sexa para situarmos a Galiza no mapa político estatal, para que a nosa nación teña expresión propia no Congreso, para defendermos alí a nosa economía e o dereito a decidir o noso futuro. Se todos e todas nós temos eses obxectivos, non nos resultará difícil acadar unha candidatura galega unitaria, de amplo abano ideolóxico. Se de verdade é Galiza o que nos preocupa e o que nos une, temos a certeza e a esperanza de que todas as pontes serán posíbeis e de que finalmente cruzaremos os ríos que nos separan. Se, pola contra, as persoas que decimos defender e amar o país non somos quen de construír, desde a xenerosidade e a lucidez, a representación parlamentaria que o país precisa, será inevitábel que moitas e moitos de nós nos preguntemos se haberá algunha vez unha xeración que salve a Galiza. Desde logo a xeración de Uxío Novoneyra xa non será quen a salve. Fóronse xa sen velo Manuel e máis Uxío, Avilés, Patiño e o Cribeiro. Queda xa moi lonxe o Consello da Mocedade e a Compostela doutros días. Estamos noutro tempo, nun momento histórico moi complexo, que require novos protagonistas, ideas renovadas e outros métodos de traballo. A tea que agora hai que tecer precisa doutras mans, das mans das últimas xeracións e das xeracións que aínda han de vir, da ilusión e da entrega das mozas e dos mozos de mente aberta e corazón limpo que teñen a Galiza sempre por bandeira e que miran con admiración para Catalunya e para Escocia. Como diría don Ramón Otero Pedrayo, “Eles chegarán onde nós non fomos cecais dignos de chegar!”. Nesa esperanza está o noso porvir colectivo, o camiño da nación, o río da nosa historia. Non hai outro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario