mércores, 16 de setembro de 2015

O orzamento educativo da Xunta perdeu 335 millóns dende 2009

ste martes comezan o curso arredor de 200.000 estudantes de ESO, Bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial. Únense así a un volume semellante de alumnado, segundo datos da Xunta, que a pasada semana retornaba ás aulas de Infantil e Primaria. Os centros educativos do país que funcionan a base de fondos do Goberno galego -os públicos e os concertados- afrontan o período escolar 2015-2016 cun lixeirísimo incremento orzamentario na Consellería de Educación, pero despois de media década na que a dotación das contas públicas para o ensino se reduciu en máis de 300 millóns de euros.
Malia seren negados en diversas ocasións, as propias táboas orzamentarias do Executivo galego amosan ás claras que o orzamento educativo non deixou de baixar dende o cambio de goberno no 2009, ano no que estiveron vixentes as derradeiras contas do Goberno de coalición de PSdeG e BNG. Naquel exercicio Educación dispuña de 2.383,2 millóns de euros, a maior cantidade da serie tras varios anos de subas.
O recorte acumulado tocou teito en 2014, con 336,5 millóns menos que nos Orzamentos de 2009
Nas primeiras contas do gabinete de Alberto Núñez Feijóo a función orzamentaria de Educación algo menos de 24 millóns. En 2011 a tesoirada duplicouse e retirou 55 millóns do orzamento e, ao ano seguinte, 11 máis. As contas públicas de 2013 chegaron cun recorte aínda maior, de 127 millóns, e en 2014 quedaron polo camiño 20 millóns máis. Así, cun recorte acumulado de 336,5 millóns de euros, a leve suba incluída nos Orzamentos Xerais de 2015 deixa o saldo total nunha baixada de 335 millóns de euros dende o acceso de Feijóo á Presidencia.

As consecuencias destas restricións orzamentarias son diversas e van dende o material ao humano. Así, por exemplo, nestes últimos anos sucedéronse as denuncias dende os centros educativos públicos por falta de recursos, especialmente no que atinxe ao profesorado. Á espera de coñecer os datos do curso 2015-2016, aínda non publicados pola Consellería de Educación, os resumos realizados polo Ministerio de Facenda indican que entre 2009 e 2015 o cadro de persoal do sistema educativo galego se reduciu nunhas 1.500 persoas, pasando de máis de 35.500 profesionais no ano 2009 a pouco máis de 34.000 a comezos deste ano.
O cadro de persoal do sistema educativo público de Galicia reduciuse en 1.500 persoas nos últimos cinco anos
O curso comeza tamén cunha maior presenza de equipamentos tecnolóxicos nalgunhas aulas. Así, o presidente da Xunta sinala dende hai meses que a xestión do Goberno está permitindo "facer realidade" o que denomina "educación dixital", en referencia á utilización nos centros educativos de pizarras dixitais ou ordenadores como os do Proxecto Abalar. Nesta liña, un informe que vén de facer público a OCDE, organización recorrentemente aludida pola Xunta como termómetro do sistema educativo a través do informe PISA, evidencia que a maior presenza de ordenadores nas aulas non implica, necesariamente, uns mellores resultados escolares do alumnado.

Millóns de euros na función orzamentaria de Educación
2015
500
2.048,20
1.000
1.500
2.000
2005
1.983,4
2006
2007
2008
2009
2.359,6
2010
2011
2.193
2012
2.066,8
2013
2.046,7
2014
2015
Fonte: Consellería de Facenda
Descarga os datos   Embed  

Ningún comentario:

Publicar un comentario