Este mes de setembro comezou na rede a actividade da Revista Tanxente, que pretende situarse coma un punto de información coas últimas tendencias, exposicións, películas, deportes ou viaxes.
Tanxente explica que"quere colocar os pés en Galicia pero mirar ao resto do mundo, dando lugar a contidos internacionais ou propios da cultura pop e televisiva dende a visión do noso país". Seguindo o modelo dos novos medios que aparecen na rede, a revista publicará regularmente enquisas ou listaxes relacionados coa cultura e o entretemento, traballando tamén nas redes sociais para achegarse o máximo posible aos usuarios e que estes participen.Deste xeito, inclúese a sección ‘Diáspora’, que pretende contar coas experiencias dos miles de mozos que tiveron que deixar atrás Galicia na busca dunhas condicións laborais máis dignas. Tamén se interesa polo emprego das ferramentas de visualización de datos para facer máis amena e accesible a información.
O equipo de Tanxente di que nace con vocación de ser un proxecto sólido e a longo prazo, aínda que polo momento non se marca obxectivos de financiamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario